MOSTRA CLOWN E RISA

MOSTRA CLOWN E RISA

    “Un día sen un sorriso é un día perdido”

                                                                                        Charles Chaplin

 

  • MOTIVACIÓN

esencia do circo, aquel que o manten vivo o longo do tempo, non é outra que o talento da gran variedade de artistas que forman parte do seu elenco: trapecistas, pallasos, magos, mimos, equilibristas, malabaristas… Todos eles forman parte do término paraugas coñecido como artista de circo. Nesta edición poderemos destacar a figura do pallaso.

Ante un mundo que vai demasiado deprisa, o pallaso pode ser unha pausa, un intre soleado.

A idea da Mostra alzase como unha plataforma para dar a coñecer pallasos e pallasas de renombre galego, descoñecidos nalgúns casos polo público xeral, e buscando unha vaiedade buscando as diferentes escolas deste arte: o estilo dos pallasos do este de europa, mestres do mimo; o clown de tono reflexivo; quen prefire o humor do absurdo e a ironía mordaz…pallasas e pallasos clásicos, rompedores, innovadores e máxicos, pero con un denominador común sacar un sorriso e remexer conciencias.

Esta Mostra quere reivindicar e dar visibilidade á figura dos pallasos como artistas, entendemos que o humor é unha arma poderosa contra as desigualdades. Necesitamos o humor para relacionarnos e sentirnos ben, para crear espazos de mellor convivencia e máis habitables, e é aí onde a maxia do clown éncheo todo, porque o seu poder pode contribuír a crear espazos e sinerxias comúns desde un humor auténtico, libre, tenro, inspirador e sempre reivindicativo.

O éxito das nosas actividades responde a calidade e profesionalidade do gran equipo que compón  Barafunda,  a orixinalidade e experiencia no desenrolo integral dos seus proxectos que otorga o prestixio, a plena confianza dos nosos clientes.

Para más información o cualquier consulta en:

                                  www. barafundaanimacion.com

Atentamente;

Convocatoria 3207 SUBVENCIONS FESTAS TRADICIONAIS E ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS 2023 do Concello de Vigo

Axudas do Concello de Vigo para festas tradicionais, patronais, gastronómicas e desenvolvemento de actividades socioculturais realizadas no período 2022 – 2023

O pasado día 13 de xuño publicouse no Boletín da Provincia de Pontevedra a convocatorioa para as axudas e subvencións (en concorrencia competitiva) que o Concello de Vigo a través do Servizo de Festas poderá conceder ás entidades xurídicas sen ánimo de lucro que cumpran os requisitos que se indican nas bases para as seguintes liñas de actividades:

Liña 1.- Festas tradicionais, patronais, gastronómicas e festivais folclóricos.
1.1.- Festas de especial interese.
Festas celebradas no ámbito urbano con unha antigüidade de máis de 50 anos e un presuposto
de superior a 60.000 €. O número máximo de programas a presentar por cada entidade a este
concepto a subvencionar será de UN (1).
1.2.-Festas patronais en barrios e parroquias (incluídas no calendario festivo anual).
A) Festas, programas ou actividades cunha antigüidade de máis de 50 anos e un presuposto
superior a 60.000 €.
B) Festas, programas ou actividades cunha antigüidade de máis de 25 anos e que teñan un
orzamento superior a 30.000 €.
C) Festas, programas ou actividades cunha antigüidade de máis de 15 anos e un presuposto
superior a 10.000 €.
O número máximo de programas a presentar por cada entidade a este concepto a subvencionar será de UN (1).
1.3.- Festas gastronómicas de especial interese en barrios e parroquias.
Festa gastronómica que teñan unha antigüidade de máis de 15 anos. O número máximo de
programas a presentar por cada entidade a este concepto a subvencionar será de UN (1).
1.4.- Festivais internacionais folclóricos cunha antigüidade de máis de 25 anos
Festival internacional folclórico que teña unha antigüidade de máis de 25 anos. O número
máximo de programas a presentar por cada entidade a este concepto a subvencionar será de UN (1).

Liña 2.- Actividades socioculturais e relacionadas coas artes escénicas.
2.1.-Programas de actividades relacionados coas artes escénicas, música, danza, artes
plásticas e literatura.
O número máximo de festas, programas ou actividad a presentar por cada entidade a este
concepto a subvencionar será de DOUS (2).
2.2.- Programas de actividades de dinamización sociocultural nos barrios e parroquias.
O número máximo de programas a presentar por cada entidade a este concepto a subvencionar será de DOUS (2).

Hai que ter en conta o Prazo solicitudes: 23/06/2023 – 13/07/2023.

Achégase máis información nos seguintes enlaces:

Concello de Vigo:    https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=4762&lang=gal

BOPPO:                     https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2023/06/13/2023041455

Non dubides consultar co Concello de Vigo (Servizo de Festas) para ampliar a información.

Tamén estamos a vosa disposición para calqueira colaboración ou para o que poidades precisar:

                                       www.barafundaanimacion.com

 

Un saudo;

 

Canta contos: Sons da batea

Canta Contos: “Sons da Batea”

A qué esperas!

Presentamos nesta ocasión  con moita satisfacción e ilusión un novo proxecto, o sensacional “canta contos“:  “Sons da Batea”  co formidable grupo “Ollo Piollo”. Que inclúe obras de creación propia e algunhas adaptacións de cancións populares.

Música para cantar… e tamén para bailar sen parar.

Cun estilo propio das cancións infantís e xuvenís populares e tradicionais estas divertidas e vibrantes melodías:

  • 1 batea
  • 2 maruxiña
  • 3 churros
  • 4 dino
  • 5 sandía
  • 6 peixiño
  • 7 apalpador
  • 8 monos
  • 9 voume de festa

tráenche moito ritmo e moita diversión que podes disfrutar ben en concertos en directo ben co noso álbum (que presentamos en formato “pen drive” xunto cun libro coas letras das cancións).

Aquí tes tamén unha mostra:

Youtube:    https://youtu.be/YNL3PPdGl-I

 

Non dubides consultar para máis información:

  • Nos teléfonos:
    • Fixo:      986 22 12 18
    • Móbil:    698 17 08 38

E disfruta desta experiencia.

 

 

Samaín, tradición cultural galega

Xa chegou unha das nosas épocas favoritas do ano… A chegada do outono! Con:

🇸🇪 Alla Helgons Dah

🇲🇽 Día de Muertos

🇪🇸 Día de Todos los Santos

🇲🇬 Famadihana

🇯🇵 Festival de Obon

🇮🇪 Halloween

🇨🇳 Teng Chieh

E a nosa favorita porque enriba é propia en Galicia: Magosto e Samaín!

Está claro que culturas de tódolos tempos e lugares xa asociaban o fin do verán co comezo dun novo ciclo de vida. De feito, os celtas consideraban o Samaín o propio Aninovo. 🍁🍂🍁

E ben sexa para conmemorar os nosos antepasados e defuntos ou para divertirse e disfrazarse cun toque terrorífico, a nós é unha festividade que particularmente se nos fai moi especial, que rompe ca cotidianidade e que é excusa de reunión e festexo cos nosos!

E vós, festexades estas datas? Despedimos entrada cunha foto do noso espectáculo “Quen dixo medo?” 😊

 

VIII Campamento Pirata na Illa de San Simón (Edición 2022)

Énchenos de ledicia comunicarvos que este ano 2022 volta o noso CAMPAMENTO PIRATA na incrible Illa de San Simón!!

Reserva a túa praza ¡ Ampliamos ata os 12 anos!  

(Os nados no ano 2010)

(Prazas limitadas)

ÚLTIMAS PRAZAS!!!
Inscríbete axiña.

Xa é a octava edición deste campamento no que os nenos e nenas desfrutarán da máxica illa e das súas instalacións realizando actividades acuáticas como kayak, buscando o tesouro do Capitán Nemo ou coñecendo nov@s @s amig@s c@s que desfrutar da aventura!!

Este ano establécense so 1 quenda do 31 de xullo ó 6 de agosto para as/os nenas/os de 7 a 12 anos (que sexan recoñecidos piratas ou corsarios ou con vocación).

Non deixedes de ver este vídeo que resume o espíritu pirata do noso campamento:

E se estades interesad@s en apuntar @s vos@s fill@s, deixámosvos a folla de inscrición (hoja de inscripción):

Calqueira cousiña non dubidedes en contactar con nós, ben a través do noso Facebook, por correo electrónico en barafunda@barafundaanimacion.com ou por teléfono no 986221218.
Non quededes sen praza!! Este é o teu gran momento.

Barafunda fai camiño

Barafunda tamén fai camiño.

Cada pobo, concello, lugar ou bisbarra forma parte do camiño e ali por onde pasa, chegando a cada recuncho, Barafunda trae un gran espectáculo cargado de grandes emocións e moita ilusión e fantasía acompañada tamén da maxia ancestral da nosa terra modelando  a través da animación e da diversión o futuro para todos e cada un, grandes e pequenos, compartindo ademáis experiencias e a ledicia no gran escenario da nosa terra misteriosa, única e formidable onde a cultura destaca sinxelamente como protagonista sobor dun escenario decorado de terra, mar, verde e azul.

As ANIMACIÓNS de Barafunda conquistan ó público coa súa beleza e gracia trasladandoo a outra realidade (estes son algúns exemplos):

O SÉQUITO DO CAPITÁN NEMO

A RAÍÑA E OS FLAMINGOS

FESTA TRIBAL

TRASNOS E BASTÓN

POMPEIRAS

POLBO ESCAPISTA

PERCEBES PANDAS

MEDUSAS MÁSCARAS

HIPOCAMPOS

GLOBOS AEROSTÁTICOS

FLAMINGOS

CORONAVIRUS

CAN

ANÉMONAS

ALICORNOS

TROITA

ALICORNO (4patas)

TRAÍÑAS

QUENLLA

CABALIÑO PIÑATA

BUS CLOWN

QUENLLA

POLBO XIGANTE

BAMBOLINA FICHA

GLOBOTOLO

PRESÉNTAME UN PALLASO

XAN DAS ONDAS FICHA

PEPIÑA MARUXIÑA

O CENSOR DE MONSTROS

 

Comunións, Vodas (Bodas) e Bautizos

Comunións, Vodas (Bodas) e Bautizos

Estamos xunto a ti  para compartir contigo e celebrar xuntos as túas celebracións e ceremonias de xeito inolvidable. Conta coa nosa experiencia que poñemos a túa disposición para a organización de eventos: cumpreanos (aniversarios), vodas, bautizos, comunións, etc. con fascinantes actividades e xogos divertidos: de aventuras, búsqueda do tesouro,…   e con temáticas variadas: piratas, princesas, maxia e moitas máis.

Coidando  especialmente coidado de quen máis queremos con música e baile, aventura, xogos e unha amplia variedade de actividades lúdicas e divertidas ademáis de fabulosas e emocionantes decoracións con globos para disfrute de todos.

 

         

      

O noso equipo formado por excelentes profesionais coidan de ti e dos teus prestando atención a cada detalle con xeito e cariño.

Infórmate. Non dubides consultarnos calqueira suxerencia, detalle ou aclaración:

Telf.:            986 22 12 18

Email:   barafunda@barafundaanimacion.com

 

O Noso Entroido

      Galicia vai de entroido e Barafunda tamén.

As nosas fenomenais figuras están impacentes por ofrecer o máis  grande espectáculo xamais visto na nosa terra neste entroido:  os dragóns están inquietos e tamén os “alicornios” e os “flamingos“, ademáis case non podemos conter ás emocionantes medusasPorrónPompeiras” e “Anémonas” están tamén inquietas e dispoñibles para sair ás rúas e marabillosas prazas. Seguramente os “Aviadores Tolos” andarán perdidos unha vez máis sin GPS e teredes que axudalos a orientarse.

Tamén é unha festa onde non faltará a música e o baile carnavaleiro e grandes e fantásticos shows e espectáculos: “Abordaxe Pirata“, “A Gran Barafunda“, “Lolo Globotolo“, “disco party“, “xogos e divertidos obradoiros”.

Podes atopar máis información na nosa páxina Web:  www.barafundaanimacion.com  ou nos teléfonos de contacto:

Fixo:     986 22 12 18

Móbil:   698 17 08 38

Síguenos en https://www.facebook.com/barafundavigo e https://www.instagram.com/barafundaanimacion/?hl=es onde atoparás máis información sobre nos e os nosos eventos.

 

 

8M Día da Mulller

 

O 8M UN DÍA HISTÓRICO

O 8M ten un gran significado; un significado moi especial e trascendental pois se conmemora a loita de tódalas mulleres que dende o século XIX promoveron a defensa do recoñecimento da igualdade  de dereitos, como o dereito ó voto, á educación de calidade, ó traballo, a ocupar cargos públicos, etc. na mesma medida que os homes en tódolos ámbitos e sensos.

Por iso  Barafunda desde a súa orixe promove coas súas atractivas e divertidas iniciativas culturais e sociais a celebración deste importante  evento concienciando a sociedade en xeral dende a máis temprana idade aportando propostas sensacionais que fomentan durante todo o ano este e máis valores a través do desenrolo emocional e a educación dun xeito lúdico:

  •   Obradoiros de igualdade (e en contra da violencia de xénero).
  •   Espectáculos e shows para o fomento da inclusividade.
  •   Accións de animación e dinamización social.
  •   Contacontos de sensibilización.

Planificación, desenrolo e execución de actividades específicas (formación, seminarios, etc.).

 

 

O Noso Entroido

      Galicia vai de entroido e Barafunda tamén.

As nosas fenomenais figuras están impacentes por ofrecer o máis  grande espectáculo xamais visto na nosa terra neste entroido:  os dragóns están inquietos e tamén os “alicornios” e os “flamingos“, ademáis case non podemos conter ás emocionantes medusasPorrónPompeiras” e “Anémonas” están tamén inquietas e dispoñibles para sair ás rúas e marabillosas prazas. Seguramente os “Aviadores Tolos” andarán perdidos unha vez máis sin GPS e teredes que axudalos a orientarse.

Tamén é unha festa onde non faltará a música e o baile carnavaleiro e grandes e fantásticos shows e espectáculos: “Abordaxe Pirata“, “A Gran Barafunda“, “Lolo Globotolo“, “disco party“, “xogos e divertidos obradoiros”.

Podes atopar máis información na nosa páxina Web:  www.barafundaanimacion.com  ou nos teléfonos de contacto:

Fixo:     986 22 12 18

Móbil:   698 17 08 38

Síguenos en https://www.facebook.com/barafundavigo e https://www.instagram.com/barafundaanimacion/?hl=es onde atoparás máis información sobre nos e os nosos eventos.