Culturgal 2019

Culturgal 2019

Benvido ó noso stand.

Este ano tamén estaremos no Culturgal 2019 os días 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro.

Animámoste a que visites o  Culturgal 2019  onde estaremos encantados de participar e de atenderte coa atención máis distinguida.

Ademáis, por outra banda e seguindo o formato de outros anos tamén faremos  para ti as seguintes actividades:

  • Visitas teatralizadas para escolares durante a mañá do VENRES 29 de novembro
  • Presentación do espectáculo “Un Mar de Burbullas
    • ESPAZO: INFANTIL
    • DATA:  VENRES 29 NOVEMBRO
    • HORARIO (aprox):  19:00 H (50 min)
  • Presentación do libro: “Contos dende o muiño da Feixa”
    • ESPAZO: LIBRO
    • DATA:  SÁBADO 30 NOVEMBRO
    • HORARIO (aprox):  11:00H (25 MIN)
  • Animación entrada CULTURGAL con axuda en guía ao público hacia recinto, arte contemporánea e espazo cine.

Para más información o cualquier consulta en:

 

 

Un globo, dous globos, tres globos….

Un globo, dous globos, tres globos….

Arte, diseño e decoración con globos

Somos profesionais e artistas reputados na decoración con “globos” a gran e pequeno formato.

Coidamos de transmitir sutilmente emocións con delicados matices persoais capaces de trascender a pureza dos sentimentos coas sensacións que provocan as marabillosas e formidables creacións  elaboradas con gran pasión e moito afán.

Deseñamos e creamos fantásticas figuras á medida para todo tipo de evento ou celebración. Pódense escoller as cores dos globos que mellor se axusten e conveñan ás necesidades do proxecto (as cores recomendadas son en tons pastel (brancos, negros, dourados, marfil, moca, champagne, durazno, rosado… e o tipo de globos perlados) de latex natural biodegradables (https://youtu.be/KrzZ6YS876E).

DescargaCatalogo Decoración e Arte con Globos 2019 – 2020

Ver tamén:    http://www.barafundaanimacion.com/globos/

Contamos con persoal profesional e cualificado con amplia experiencia formado e coa titulación pertinente conforme ós requisitos exixibles segundo as diferentes normativas: laboral, formación en PRL e demáis certificados como o de non antecedentes penais (de natureza sexual) e cualqueira outro requisito imprescindible conforme ás normativas vixentes laboral e fiscal así coma tamén os seguros de R.C. necesarios para o correcto exercicio e desenrolo da nosa actividade.

Empregamos materiais e globos ecolóxicos biodegradables de latex natural co compromiso de coidar do medioambente.

  Para más información o cualquier consulta en:

 

Diversión con creatividad y cultura tradicional

Diversión con creatividad y cultura tradicional

Entrevista realizada a Lolo, Barafunda Animación, y publicada en el blog “ProntoPro Blog” por Marta Sánchez

Publicado el 7 octubre 2019 por Marta Sánchez

Manuel Castro es un vigués de 48 años cuyo nombre artístico es Lolo. Se encarga de la dirección artística y gerencia de su empresa Barafunda Animación. Los estudios que Manuel cursó no están relacionados con su actividad laboral actual. Es técnico especialista en electrónica industrial en la especialidad de autómatas programables. Sin embargo, desde los 18 años trabajó como monitor de tiempo libre, labor que le gustaba mucho pese a la dificultad para vivir de ella. Por ello lo combinaba con trabajos de electrónica y giras con bandas de rock haciendo de backliner. …. [seguir leyendo]

Medusas con Luz

Medusas con Luz

Unha aunténtica marabilla. Todo un sensancional acontecimento abraiante, vistoso  e fantástico.

Fascinantes Medusas feitas con globos e con luz danzan ó ritmo da música nadando entre o público asistente provocando o seu encantamento.

A creatividade de Barafunda  trasládanos a un mundo mariño fantástico de gran beleza acompañada de ritmo e danza que provoca un agradable estado emocional.

 

 

Podes ver o vídeo en youtubehttps://www.youtube.com/watch?v=M1xLFhFozrE

Para máis información non dudes en contactar; estamos encantados de atenderte.

 

Cabalo Piñata de Barafunda

Cabalo Piñata

Un super Cabalo Piñata feito con globos adestrado e domado polo sempre sensacional Lolo enséñanos as súas arriscadas proezas confirmando que tamén Barafunda  destaca entre outras habilidades na doma de especies extraordinarias.

Unha divertida e espectacular animación de rúa.

Podes ver o víedo en youtube: https://www.youtube.com/watch?v=OsTJXfQJHBw

Para máis información non dudes en contactar; estamos encantados de atenderte.

 

X aniversario: A Grandeza de Barafunda, a súa xente

A Grandeza de Barafunda,

…  a súa xente.

Xurde Barafunda no ano 2009, en breve celebraremos o 10 aniversario e nestes anos Barafunda  consolidouse non só coma un referente no eido da animación socio cultural desenrolando un abano de fascinantes actividades en permanente expansión: animación de rúa, espectáculos (pallasos –clown-, contacontos, maxia, shows musicais,…), decoración e arte con globos, bailes, música, xogos (populares e tradicionais), máis de 100 obradoiros temáticos e a realización de divertidos e didácticos campamentos e excursións e como non, estar tamén presente nos eventos máis íntimos e celebracións familiares (vodas, comuñóns, aniversarios,…) animando e coidando da tua xente ademáis de colaborar na promoción da dimensión social das organizacións empresariais.

En todo este tempo cómpre lembrar a relevante faceta editorial no ámbito do fomento do patrimonio cultural:   Barafunda Editorial ten publicados cinco grandes títulos en literatura infantil en galego ademáis de participar noutras desacables accións socioculturais:

  • Pepiña Maruxiña Quere Voar
  • Antón e o Apalpador
  • A Casa do Rato Renato
  • O Censor de Monstros
  • Don Ferretín Ferretón e o seu Cadelo Lambón, que é a última incorporación ó noso catálogo.

Son moitos os factores que se conxugan para acadar este éxito incontestable pero sen dúbida algunha un factor clave é o fabuloso equipo humán que conforma Barafunda e tamén os seus clientes. Barafunda coida ata o último dos detalles e por suposto é esencial contar cun equipo comprometido, profesional e preparado para afrontar os retos diarios. So así pódense acadar as grandes metas.

Por outra banda é moi importante ademáis agradecer ós nosos clientes a súa confianza e colaboración que supón unha importante fonte de inspiración dando un pulo fundamental á nosa creatividade e estimulando os sensos e a nosa fértil imaxinación.  

Estamos orgullosos da nosa xente e estamos comprometidos contigo. Nos vindeiros 10 anos queremos estar máis preto de ti e compartir contigo momentos plenos de emoción.

As novidades para o verán 2019 de Barafunda

Fabulosa Troita e colosal Dragón Oriental. ¡Ademáis unha gran primicia!  xa dispoñible o libro “Don Ferretín Ferretón e o seu Cadelo Lambón“.

O noso  non para de crecer; é normal pois sempre innovamos e a nosa formidable imaxinación e creatividade maniféstanse coma un río de cultura que se desborda achegando a cada recuncho as fantásticas tradicións e novas experiencias divertidas e  de lecer:

  • En ANIMACIÓN DE RÚA incorporamos:  unha Troita fresquiña recén pescada:

  • E tamén o noso Dragón que ven de Oriente se incorpora a nosa sección de decoración e arte con globos:
  • E como non, tamén te informamos da ultima novidade de Barafunda Editorial,  unha obra dedicada o noso Can de Palleiro: “Don Ferretín Ferretón e o seu Cadelo Lambón”:

E haberá todavía máis novidades para ti.

Te iremos informando.

 

¡¡AVISO!! ¡¡AVISO!! Os Reis están a chegar!!

Xa están de camiño os Reis acompañados coma sempre polo “Carteiro Real” e moitos “Paxes” asi que preparádevos…

Sabemos que van  andar tanto de Norte a Sur como do Leste ó Oeste (ou viceversa, a saber) por toda Galicia así que axiña prepara a túa carta se no o fixeches antes, date presa e estate atento pois non tardarán en chegar a tua localidade. Acórdate de poñerlle auga para o camelos e tamén un detalle para os Reis e os seus séquitos que veñen de moi lonxe para traerche os presentes e os regalos que mereces.

Barafunda deséxache un merecido Feliz Ano a ti e a todos os teus. A disfrutalo.

¡EXTRA! ¡EXTRA! O nadal xa está aquí… en Barafunda

O Nadal 2018 en Barafunda

O noso Nadal

Unha vez máis o Nadal ven visitarnos; un momento especial i emocionante para disfrutar plenamente das nosas vidas e tamén da vidas dos demáis, e como non sobor de todo, tamén dos nosos.

Chega coma todos los anos para iluminarnos e deleitarnos coa millor compañía e con todos os praceres que nos pode ofrecer para divertirnos, xogar e brincar, voltar a xuntarnos e encontrarnos todos novamente e compartir máis momentos entrañables. Qué ledicia.

En Barafunda queremos estar xunto a ti coma sempre pero ademáis con moi boas novas: a visita do “Apalpador” (que ben!!!) e tamén seguramente a de algún trasno, queremos cantar panxoliñas con “Panxoliñas Surfing“, e “Xogar cos Trasnos“; os Reis Magos xa confirmaron unha vez máis que queren voltar a visitarnos asi que hai que estar atentos ó “carteiro real”, non hai que despistarse.

Comuñóns (comuniones)

As Comuñóns son para celebrar e sempre lembrar.

Imos festexar a túa comunión.

Coa familia, cos amig@s e compañeir@s. Un gran día tan especial que sinala unha importante etapa nas nosas vidas convén gardalo na nosa memoria e para iso  ¿qué millor que festexalo con Barafunda e vivir unha experiencia única e entrañable? Aventúrate e divírtete, so se vive unha vez a primeira comuñón.

E non olvides contactar con nos para máis información e fai a tua reserva canto antes:

            986 22 12 18

            barafunda@barafundaanimacion.com