VIII Campamento Pirata na Illa de San Simón (Edición 2022)

Énchenos de ledicia comunicarvos que este ano 2022 volta o noso CAMPAMENTO PIRATA na incrible Illa de San Simón!!

Reserva a túa praza ¡ Ampliamos ata os 12 anos!  

(Os nados no ano 2010)

(Prazas limitadas)

ÚLTIMAS PRAZAS!!!
Inscríbete axiña.

Xa é a octava edición deste campamento no que os nenos e nenas desfrutarán da máxica illa e das súas instalacións realizando actividades acuáticas como kayak, buscando o tesouro do Capitán Nemo ou coñecendo nov@s @s amig@s c@s que desfrutar da aventura!!

Este ano establécense so 1 quenda do 31 de xullo ó 6 de agosto para as/os nenas/os de 7 a 12 anos (que sexan recoñecidos piratas ou corsarios ou con vocación).

Non deixedes de ver este vídeo que resume o espíritu pirata do noso campamento:

E se estades interesad@s en apuntar @s vos@s fill@s, deixámosvos a folla de inscrición (hoja de inscripción):

Calqueira cousiña non dubidedes en contactar con nós, ben a través do noso Facebook, por correo electrónico en barafunda@barafundaanimacion.com ou por teléfono no 986221218.
Non quededes sen praza!! Este é o teu gran momento.

Barafunda fai camiño

Barafunda tamén fai camiño.

Cada pobo, concello, lugar ou bisbarra forma parte do camiño e ali por onde pasa, chegando a cada recuncho, Barafunda trae un gran espectáculo cargado de grandes emocións e moita ilusión e fantasía acompañada tamén da maxia ancestral da nosa terra modelando  a través da animación e da diversión o futuro para todos e cada un, grandes e pequenos, compartindo ademáis experiencias e a ledicia no gran escenario da nosa terra misteriosa, única e formidable onde a cultura destaca sinxelamente como protagonista sobor dun escenario decorado de terra, mar, verde e azul.

As ANIMACIÓNS de Barafunda conquistan ó público coa súa beleza e gracia trasladandoo a outra realidade (estes son algúns exemplos):

O SÉQUITO DO CAPITÁN NEMO

A RAÍÑA E OS FLAMINGOS

FESTA TRIBAL

TRASNOS E BASTÓN

POMPEIRAS

POLBO ESCAPISTA

PERCEBES PANDAS

MEDUSAS MÁSCARAS

HIPOCAMPOS

GLOBOS AEROSTÁTICOS

FLAMINGOS

CORONAVIRUS

CAN

ANÉMONAS

ALICORNOS

TROITA

ALICORNO (4patas)

TRAÍÑAS

QUENLLA

CABALIÑO PIÑATA

BUS CLOWN

QUENLLA

POLBO XIGANTE

BAMBOLINA FICHA

GLOBOTOLO

PRESÉNTAME UN PALLASO

XAN DAS ONDAS FICHA

PEPIÑA MARUXIÑA

O CENSOR DE MONSTROS

 

8M Día da Mulller

 

O 8M UN DÍA HISTÓRICO

O 8M ten un gran significado; un significado moi especial e trascendental pois se conmemora a loita de tódalas mulleres que dende o século XIX promoveron a defensa do recoñecimento da igualdade  de dereitos, como o dereito ó voto, á educación de calidade, ó traballo, a ocupar cargos públicos, etc. na mesma medida que os homes en tódolos ámbitos e sensos.

Por iso  Barafunda desde a súa orixe promove coas súas atractivas e divertidas iniciativas culturais e sociais a celebración deste importante  evento concienciando a sociedade en xeral dende a máis temprana idade aportando propostas sensacionais que fomentan durante todo o ano este e máis valores a través do desenrolo emocional e a educación dun xeito lúdico:

  •   Obradoiros de igualdade (e en contra da violencia de xénero).
  •   Espectáculos e shows para o fomento da inclusividade.
  •   Accións de animación e dinamización social.
  •   Contacontos de sensibilización.

Planificación, desenrolo e execución de actividades específicas (formación, seminarios, etc.).

 

 

O Noso Entroido

      Galicia vai de entroido e Barafunda tamén.

As nosas fenomenais figuras están impacentes por ofrecer o máis  grande espectáculo xamais visto na nosa terra neste entroido:  os dragóns están inquietos e tamén os “alicornios” e os “flamingos“, ademáis case non podemos conter ás emocionantes medusasPorrónPompeiras” e “Anémonas” están tamén inquietas e dispoñibles para sair ás rúas e marabillosas prazas. Seguramente os “Aviadores Tolos” andarán perdidos unha vez máis sin GPS e teredes que axudalos a orientarse.

Tamén é unha festa onde non faltará a música e o baile carnavaleiro e grandes e fantásticos shows e espectáculos: “Abordaxe Pirata“, “A Gran Barafunda“, “Lolo Globotolo“, “disco party“, “xogos e divertidos obradoiros”.

Podes atopar máis información na nosa páxina Web:  www.barafundaanimacion.com  ou nos teléfonos de contacto:

Fixo:     986 22 12 18

Móbil:   698 17 08 38

Síguenos en https://www.facebook.com/barafundavigo e https://www.instagram.com/barafundaanimacion/?hl=es onde atoparás máis información sobre nos e os nosos eventos.

 

 

ESTAMOS DE FESTA!! O Samaín e o magosto en Galicia

Estamos de festa!!!!
Si… parece mentira per despois deste pandémico verán chegou o pandémico outono. Non sei se será mellor ou peor que o anterior, pero seguro que será diferente. Á fala Lolo, que xa vai tempo que non escribimos polo blogue.

Vivimos nunha época de permanentes cambios, con todo algunhas cousas permanecen inalterables…

Parece que vai vir un bo ano!!- dime Xaime – pero Tato, coa mirada, dame a entender que el non é tan optimista. O que saben os dous con certeza é, que máis ou menos, mellor ou peor haberá castañas.
Si, castañas. Como houbo o ano pasado, e o anterior, como había cando eran nenos, cando os avós dos seus avós eran nenos, como cando os castrexos percorrían estes soutos.
Máis ou menos por esta época, tódolos anos, os castiñeiros dan os seus froitos. A tan venerada castaña, naqueles tempos nos que non chegara o millo e a pataca, a chamaban o “pan dos pobres”.
E se hai castañas, hai MAGOSTO.

Segundo o dicionario da Real Academia Galega o Magosto “é unha comida que consiste fundamentalmente en castañas asadas, polo xeral acompañadas de viño” ou “acción de asar as castañas, que en moitas ocasións se converte nun acontecemento festivo”

Doado verdade? Así que aínda que non poidamos gozar dunha festa multitudinaria, podemos facer un magosto na casa. Pero non vos esquezades de darlle un toque de tradición galega. Cada vez que comades unha castaña, librades unha alma do purgatorio e o invitades a que se una á festa. Así que nestes tempos de pandemia, podes montar un magosto con centos de almas, pero sen superar as 5 persoas. Con tanta responsabilidade afrontamos os galegos esta festa.
Tamén debemos deixar algunhas castañas espalladas polo chan, son as castañas destinadas a “a parroquia dos mortos” para que veñan máis espíritos a celebración… xa vos digo, un festón!!!
Debemos chisnar a cara do veciño para que teña boa sorte, tentando evitar o contacto coas paredes da casa, se non queres limpar o resto da noite.
Non só de castañas esta feito o outono. Hai moitas cousas nutritivas que permanecen inalterables a pesares da pandemia, tamén están as cabazas, as chulas, os cogomelos, o viño novo, o mosto, as noces, o augardente, o millo, a sidra, o día de San Martiño e… O SAMAÍN.

Cando podiamos xuntarnos a celebrar o Samaín

En gaélico, Samhain din que significa «fin do Verán». Os Castrexos para esta celebración supoño que tamén comerían castañas coma nos, podería entón considerarse coma un magosto….
Nesa noite puñan luces acesas nas caveiras dos inimigose as colocaban nas encrucilladas e nas murallas arredor dos castros. Agora tallamos as caveiras nas cabazas, que é politicamente máis correcto. Neste caso podedes deixalas polas esquinas da casa para afastar os inimigos e tamén librarse da influencia maléfica dos espíritos que esa noite andan ceibes pola terra. O Samaín é unha desas noites, nas que contan, que é máis doado transitar entre dous mundos: o dos vivos e o dos mortos.

Celebrando o roteiro do Samaín en Salvaterra

Tamén conta a tradición que os druídas no Samaín visitaban casa por casa pedindo comida para honrar os seus deuses; Algunhas persoas cubríanse con peles de animais, máscaras, etc. Ou sexa que se disfrazaban para despistar os espíritos e os pantasmas; os guerreiros contaban as arrepiantes historias das batallas contra os inimigos. Estas costumes de disfrazarse, contar historias de medo e visitar as casas aínda se manteñen na actualidade (esta ultima non é moi recomendable nesta época…)

En Galicia, esta noite, tamén era habitual que a mesa no se recollera despois de cear, por se as ánimas dos finados acudían a visitarnos durante a noite e lles picara a fame… ou pode que aproveitando a festa, deixamos a mesa sen recoller. Ademais, deixábase a lareira acesa para que non pasaran frío, igualiño que na Noiteboa.

Non é unha cuestión de moda, é cultura. En Galicia, ESTAMOS DE FESTA, como fai milleiros de anos pola mesma época, imos celebrar a vida!! Celebramos cos produtos que nos da o noso campo, deste xeito nos sentimos máis unidos á terra que nos viu nacer.
Temos a obriga de seguir alimentando estas tradicións, para que non desapareza na memoria colectiva dos nosos fillos, son a nosa identidade como pobo.
O Magosto é unha celebración para divertirse, festa de vida e morte, de comer e beber, de xuventude e de asustar os miñaxoias.
Eu xa estou amosegando as castañas para o meu Magosto…

E se queredes comezar con algo máis sinxelo, para contarlle os cativos…Como non: “A casa do Rato Renato”, todas as tradicións do Outono condensadas en poucas páxinas coas marabillosas ilustracións de Fran Ameixeiras. A maiores da historia, que é moi divertida, te invito a descubrir ou redescubrir as ilustracións… amosan o outono en todo o seu esplendor cheas de pequenos detalles que te lembran o acontece no campo galego nesta época do ano.