Xira interestelar!! 1ª parada: Concello de Nigrán

Tralo éxito do 2011… 
volve a  XIRA INTERESTELAR!!!

Percorreremos varios concellos cos espectáculos “As aventuras de Lila e Lolo” e “Maxia Branca”

A primeira parada da Xira é esta fin de semana no Salón de Actos do Concello de NIGRÁN: o sábado 13 estaremos con “As aventuras de Lila e Lolo” e o domingo 14 con “Maxia Branca”.

Por suposto, a prezos populares para que ninguén quede coas ganas de ir:
– Ata dous anos: de balde.
– De dous a 16 anos: 3€
– Maiores de 16 anos: 5€

Ambos espectáculos comezan ás 18:30h, puidendo mercar as entradas dende unha hora antes do comezo.


Colabora: Concello de Nigrán

Batalla das flores 2012

Tralo adiato das fotos da Batalla das flores de Pontevedra no noso facebook… 

o vídeo!!!


Nel podedes ver todo o proceso: dende a montaxe dos globos, pasando pola maquillaxe, ata o propio desfile.

Como vedes, non o pasamos nada mal!! 😉 

¿Que vos parece?, ¿vos gustaría participar o próximo ano?


Agradecementos a “Las viudas de Gila” por pasar eses días con nós para poder facer o vídeo. 

Curso monitores de tempo libre 2012

Como sabedes, Barafunda colaboramos coa Escola de Tempo Libre Fervenza. Se queres aprender globoflexia, danzas e cancións, obradoiros, grandes xogos… e todo o necesario para ser un/ha gran monitor/a de tempo libre, podedes apuntarvos ó curso de monitores deste verán, co que se obtén a titulación oficial da Xunta.



Para máis info chamar ó 606 321 636 ou escribide a fervenza@arrakis.es.


Deixamos unhas fotos do curso pasado para que vexades que ben nolo pasamos 😉

Para máis fotos click AQUÍ

Vémonos no curso!!! 🙂






Vídeo Maxia Branca

Xa vos podemos amosar o vídeo do espectáculo Maxia Branca!! Onde o mago Xabi, o pallaso Lolo e a coella Blanca Houdini fan as decilias dos máis pequenos e sorprenden ós máis grandes. 
Se tras ver o vídeo quedas con ganas de saber máis das andanzas de Lolo e Xabi… segue o  noso Facebook para estar ó tanto das próximas actuacións!!  

Dende aquí aproveitamos para dar as gracias unha vez máis a todo o equipo que fixo posible esta reportaxe 🙂





Barafunda xa ten web!!!!

Temos unha gran noticia que darvos…     
BARAFUNDA XA TEN NOVA PÁXINA WEB!!!

Podes entrar en:

ou 

Nela podedes consultar os nosos servizos, tanto editoriais como de animación; con fotografías, breves descricións… e ademais ten acceso directo ao noso blog! 
A que agardas para indagar nela?