Convocatoria 3207 SUBVENCIONS FESTAS TRADICIONAIS E ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS 2023 do Concello de Vigo

Axudas do Concello de Vigo para festas tradicionais, patronais, gastronómicas e desenvolvemento de actividades socioculturais realizadas no período 2022 – 2023

O pasado día 13 de xuño publicouse no Boletín da Provincia de Pontevedra a convocatorioa para as axudas e subvencións (en concorrencia competitiva) que o Concello de Vigo a través do Servizo de Festas poderá conceder ás entidades xurídicas sen ánimo de lucro que cumpran os requisitos que se indican nas bases para as seguintes liñas de actividades:

Liña 1.- Festas tradicionais, patronais, gastronómicas e festivais folclóricos.
1.1.- Festas de especial interese.
Festas celebradas no ámbito urbano con unha antigüidade de máis de 50 anos e un presuposto
de superior a 60.000 €. O número máximo de programas a presentar por cada entidade a este
concepto a subvencionar será de UN (1).
1.2.-Festas patronais en barrios e parroquias (incluídas no calendario festivo anual).
A) Festas, programas ou actividades cunha antigüidade de máis de 50 anos e un presuposto
superior a 60.000 €.
B) Festas, programas ou actividades cunha antigüidade de máis de 25 anos e que teñan un
orzamento superior a 30.000 €.
C) Festas, programas ou actividades cunha antigüidade de máis de 15 anos e un presuposto
superior a 10.000 €.
O número máximo de programas a presentar por cada entidade a este concepto a subvencionar será de UN (1).
1.3.- Festas gastronómicas de especial interese en barrios e parroquias.
Festa gastronómica que teñan unha antigüidade de máis de 15 anos. O número máximo de
programas a presentar por cada entidade a este concepto a subvencionar será de UN (1).
1.4.- Festivais internacionais folclóricos cunha antigüidade de máis de 25 anos
Festival internacional folclórico que teña unha antigüidade de máis de 25 anos. O número
máximo de programas a presentar por cada entidade a este concepto a subvencionar será de UN (1).

Liña 2.- Actividades socioculturais e relacionadas coas artes escénicas.
2.1.-Programas de actividades relacionados coas artes escénicas, música, danza, artes
plásticas e literatura.
O número máximo de festas, programas ou actividad a presentar por cada entidade a este
concepto a subvencionar será de DOUS (2).
2.2.- Programas de actividades de dinamización sociocultural nos barrios e parroquias.
O número máximo de programas a presentar por cada entidade a este concepto a subvencionar será de DOUS (2).

Hai que ter en conta o Prazo solicitudes: 23/06/2023 – 13/07/2023.

Achégase máis información nos seguintes enlaces:

Concello de Vigo:    https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=4762&lang=gal

BOPPO:                     https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2023/06/13/2023041455

Non dubides consultar co Concello de Vigo (Servizo de Festas) para ampliar a información.

Tamén estamos a vosa disposición para calqueira colaboración ou para o que poidades precisar:

                                       www.barafundaanimacion.com

 

Un saudo;

 

Posted in Interesa saber....