¡¡AVISO!! ¡¡AVISO!! Os Reis están a chegar!!

Xa están de camiño os Reis acompañados coma sempre polo “Carteiro Real” e moitos “Paxes” asi que preparádevos…

Sabemos que van  andar tanto de Norte a Sur como do Leste ó Oeste (ou viceversa, a saber) por toda Galicia así que axiña prepara a túa carta se no o fixeches antes, date presa e estate atento pois non tardarán en chegar a tua localidade. Acórdate de poñerlle auga para o camelos e tamén un detalle para os Reis e os seus séquitos que veñen de moi lonxe para traerche os presentes e os regalos que mereces.

Barafunda deséxache un merecido Feliz Ano a ti e a todos os teus. A disfrutalo.

Posted in Interesa saber....