X aniversario: A Grandeza de Barafunda, a súa xente

A Grandeza de Barafunda,

…  a súa xente.

Xurde Barafunda no ano 2009, en breve celebraremos o 10 aniversario e nestes anos Barafunda  consolidouse non só coma un referente no eido da animación socio cultural desenrolando un abano de fascinantes actividades en permanente expansión: animación de rúa, espectáculos (pallasos –clown-, contacontos, maxia, shows musicais,…), decoración e arte con globos, bailes, música, xogos (populares e tradicionais), máis de 100 obradoiros temáticos e a realización de divertidos e didácticos campamentos e excursións e como non, estar tamén presente nos eventos máis íntimos e celebracións familiares (vodas, comuñóns, aniversarios,…) animando e coidando da tua xente ademáis de colaborar na promoción da dimensión social das organizacións empresariais.

En todo este tempo cómpre lembrar a relevante faceta editorial no ámbito do fomento do patrimonio cultural:   Barafunda Editorial ten publicados cinco grandes títulos en literatura infantil en galego ademáis de participar noutras desacables accións socioculturais:

  • Pepiña Maruxiña Quere Voar
  • Antón e o Apalpador
  • A Casa do Rato Renato
  • O Censor de Monstros
  • Don Ferretín Ferretón e o seu Cadelo Lambón, que é a última incorporación ó noso catálogo.

Son moitos os factores que se conxugan para acadar este éxito incontestable pero sen dúbida algunha un factor clave é o fabuloso equipo humán que conforma Barafunda e tamén os seus clientes. Barafunda coida ata o último dos detalles e por suposto é esencial contar cun equipo comprometido, profesional e preparado para afrontar os retos diarios. So así pódense acadar as grandes metas.

Por outra banda é moi importante ademáis agradecer ós nosos clientes a súa confianza e colaboración que supón unha importante fonte de inspiración dando un pulo fundamental á nosa creatividade e estimulando os sensos e a nosa fértil imaxinación.  

Estamos orgullosos da nosa xente e estamos comprometidos contigo. Nos vindeiros 10 anos queremos estar máis preto de ti e compartir contigo momentos plenos de emoción.

Posted in Interesa saber....