Boas noites familias!!
Hoxe tivemos un día completiño de animais. Despertámonos máis tarde do habitual para durmir un pouquiño máis e estar a tope no día do…. PARQUE DA NATUREZA DE CABÁRCENO!!
Coma sempre, Paco recolleunos no albergue ao rematar o almorzo e facer a mochila. En 3 minutiños xa estabamos no Parque gozando dos gorilas. A verdade tivemos moita sorte co equipo de monitores de Cabárceno porque nos deron moitísima información sobre os animais que viven alí e nos contaron moitísimas anécdotas de animais, do Parque e da xente que visita Cabárceno.
Pola mañá estivemos no espectáculo dos leóns mariños, e pola tarde fomos ó de aves rapaces. Pasámolo súper ben e sacamos un montón de fotos que xa vos ensinaremos ao chegar a casa. Ademáis tamén subimos no telecabina e gozamos das vistas que hai dende alí arriba ata a zona dos elefantes, leóns, búfalos…
Xa na noite, o equipo de monitores preparou unha velada un pouco especial… Trouxéronnos algunhas chuminadas, e un recordo que tivemos que decorar (xa o veredes prontiño).
Mañá espertarémonos tempraniño e comezaremos a nosa volta a casa… oooooohhh!!
Boas noites!!