VII Campamento Pirata na Illa de San Simón

Énchenos de ledicia comunicarvos que este ano 2021 volta o noso CAMPAMENTO PIRATA na incrible Illa de San Simón!!

Xa é a séptima edición deste campamento no que os nenos e nenas desfrutarán da máxica illa e das súas instalacións realizando actividades acuáticas como kayak, buscando o tesouro do Capitán Nemo ou coñecendo nov@s @s amig@s c@s que desfrutar da aventura!!

Este ano establécense 2 quendas do 2 ó 8 de agosto para as/os nenas/os de 7 a 11 anos e do 9 ó 15 de agosto para as/os nenas/os de 12 ós 15 anos.

Non deixedes de ver este vídeo que resume o espíritu pirata do noso campamento:

E se estades interesad@s en apuntar @s vos@s fill@s, deixámosvos a folla de inscrición (hoja de inscripción):

Calqueira cousiña non dubidedes en contactar con nós, ben a través d noso Facebook, por correo electrónico en barafunda@barafundaanimacion.com ou por teléfono no 986221218.
Non quededes sen praza!!

Posted in Campamento, campamento de verano, campamento pirata, Galicia, illa de san simón, ocio infantil, Rande, redondela, verán, Vigo.