3,2,1… ENTROIDO!!

Por fin chegou o Entroido!!!! Unha das nosas festas favoritas do mundo mundial!!

Arrincamos mañá, venres 24 de febreiro con cousiñas variadas… Aquí vos deixamos algúns plans:

  • Ás 10:00h estaremos en Salvaterra, animando o desfile dos colexios do concello, e pola tarde, de 17:00 a 18:00h homenaxeando a Rosalía de Castro no parque da Canuda.

 

  • Ás 12:00h, andaremos montando troula na rúa peatonal do Calvario coas alumnas e alumnos do CEIP O POMBAL. 

 

  •  E coma sempre, a partir das 17:30h os talleres dos venres no Centro Comercial Gran Vía, no que deseñaremos os complementos máis divertidos para o noso photocall!! Aquí vos deixamos o programa.

 

    • Ás 18:00h no Corte Inglés, maquillaxe de fantasía! Ven e maquíllate do que máis che guste!!

     

    • E ademais comezamos coas actividades de entroido na Zona Náutico:

        A Charanga Barafunda no Entroido de Ourense

        Como vos anunciabamos fai uns días a través do noso facebook, a Charanga Barafunda estivo animando o Entroido de Ourense  coa súa música. 

        Foron tres días de actuacións polas rúas da vila, ademais de no palco da Praza Maior para a recepción das carrozas. Aquí podedes ver algunhas fotos da actuación da Charanga no palco:


        Quedamos abraiados coa gran afluencia de xente que achegouse ata alí! A praza estaba repleta dun público entregado e con ganas de moita festa que bailaba ó son da Charanga. 


        E tampouco nos podemos queixar da participación da xente mentres a charanga percorría as rúas!!  A medida que a charanga avanzaba íanse unindo máis e máis persoas que bailaban e acompañaban á charanga durante o seu percorrido. Aínda que case non se aprecia, no medio desta morea de xente estaba a Charanga:


        Por último, queremos dar as grazas a Simón do “Sindicato del Cómic” por deixarnos o seu local á nosa disposición para cambiarnos e gardar o material. 


        E por suposto, grazas tamén a todos aqueles que cos seus bailes, cánticos e ganas de pasalo ben fixeron coa Charanga Barafunda toda unha festa!