Serpe

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

SERPE

Nunca verás nada igual!! Esta espectacular serpe está deseñada por BARAFUNDA para sorprender. Unha enorme figura construída con máis de cinco mil globos de látex 100% biodegradable que se desliza lentamente sobre a xente. O seu movemento hipnótico deixa ó público pampo o cal non deixará de mirar mentres pasa a interminable figura ante os seus ollos incrédulos.

Quenlla

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

QUENLLA

Sete mergulladores traen dende o máis fondo dos océanos ata as vosas rúas, unha quenlla xigante de máis de 12m de longo. Unha oportunidade única para gozar deste animal mariño e contemplar dende moi cerca os seus dentes serrados e inocentes.

Polbo xigante

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

POLBO XIGANTE

Con BARAFUNDA os seres abisais mariños saen de paseo. Neste caso tócalle ó polbo xigante do que falaba Carlos Casares no seu conto. Un enorme polbo que se despraza polas rúas, ante a atenta e abraiada mirada do público, cun movemento acompasado dos seus oito raxos creando un efecto fantástico por riba da xente.

Elefante

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

ELEFANTE

Un elefante xigante de mais de 4m de alto, 3 de ancho e 8 de longo, acompañado por oito hindús que encherán as rúas de cor cos seus pos de cores. Unha animación de rúa, única, impactante e impresionantemente visual.

O arte das esculturas con globos levada a súa máxima expresión.

Dragón

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

DRAGÓN

Este dragón medieval de máis de 15m de longo e 4m de alto, pasea polas rúas liderado por unha escudeira e un cabaleiro con armadura e escudo. O público quedará abraiado coa descomunal creación de globos. Cando pensen que xa o viron todo, o dragón cobrará vida botando fume pola boca facendo as ledicias de todos os presentes.

Dinosauro

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

DINOSAURO

Este brontosauro viaxou nun bucle espazo temporal dende o Xurásico á túa cidade. Este espectacular dinosaurio é vexetariano polo que os viandantes non teñen nada que temer só gozar dun paseo entre dinosauros de tamaño real. Unha experiencia inesquecible.

Alicorno

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

ALICORNO

Son moitas as persoas que soñan con ver esta especie na realidade. Esta é a oportunidade para gozar da maxia do alicorno. Acompañada por personaxes encantados que cos seus polvos máxicos de cores, fan un espectáculo moi vistoso e divertido.