Festival Infantil en GONDOMAR

        Barafunda continúa a súa xira interestelar polo espazo exterior.
        Recén chegados de Saturno, onde obtiveron grandes éxitos, aterran no Auditorio Municipal de  Gondomar para presentan dous espectáculos para toda a familia.
        No mes de Outubro, en dúas sesións de tarde, ás 17:00 e ás 19:00.
O Sábado día 22 “As aventuras de Lila e Lolo”.
O Domingo día 23 “Maxia Branca”.

         Polas entradas non vos preocupedes xa que son prezos populares. Só por 3,50 € podedes gozar dunha tarde inesquecible. E se queredes asistir ós dous días podedes adquirir as entradas a 3 € cada espectáculo.
        As entradas mércanse na taquilla do propio Auditorio, unha hora antes de comezar o show.

Click aquí para ver máis fotos
Posted in as aventuras de lila e lolo, Barafunda, Gondomar, maxia branca, xira interestelas.