Cabaliño piñata

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

CABALIÑO PIÑATA

Un súper Cabalo Piñata feito con globos adestrado por un experimentado domador da casa. As súas arriscadas proezas confirman que BARAFUNDA tamén destaca entre outras habilidades na doma de especies extraordinarias. Unha divertida e espectacular animación de rúa para todos os púlbicos.

Bus clown

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

BUS CLOWN

Quen podería viaxar nun autobús de globos máis que os pallasos de BARAFUNDA. O peor non é que viaxen nel é que tamén conducen polas rúas este simpático autobús interactuando coa xente. As torpezas e simpatía destes pallasos farán que os sorrisos se debuxen nos rostros do público que os ve pasar.

Aviadores tolos

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

AVIADORES TOLOS

Globos aerostáticos construidos con centos de globos biodegradables. Estes pilotos clown teñen unha alta experiencia e moitísimas horas de voo, polo que o resultado final é un caótico, divertido e inesquecible viaxe.

Anémonas

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

ANÉMONAS

Unha invasión de ledicia enche as rúas!! Barafunda crea unha avalancha de globos de cores que se precipita polas beirarúas. Estas anémonas poden ata formar un arco da vella que non deixará indiferente a ningún transeunte.

Serpe

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

SERPE

Nunca verás nada igual!! Esta espectacular serpe está deseñada por BARAFUNDA para sorprender. Unha enorme figura construída con máis de cinco mil globos de látex 100% biodegradable que se desliza lentamente sobre a xente. O seu movemento hipnótico deixa ó público pampo o cal non deixará de mirar mentres pasa a interminable figura ante os seus ollos incrédulos.

Quenlla

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

QUENLLA

Sete mergulladores traen dende o máis fondo dos océanos ata as vosas rúas, unha quenlla xigante de máis de 12m de longo. Unha oportunidade única para gozar deste animal mariño e contemplar dende moi cerca os seus dentes serrados e inocentes.

Polbo xigante

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

POLBO XIGANTE

Con BARAFUNDA os seres abisais mariños saen de paseo. Neste caso tócalle ó polbo xigante do que falaba Carlos Casares no seu conto. Un enorme polbo que se despraza polas rúas, ante a atenta e abraiada mirada do público, cun movemento acompasado dos seus oito raxos creando un efecto fantástico por riba da xente.

Elefante

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

ELEFANTE

Un elefante xigante de mais de 4m de alto, 3 de ancho e 8 de longo, acompañado por oito hindús que encherán as rúas de cor cos seus pos de cores. Unha animación de rúa, única, impactante e impresionantemente visual.

O arte das esculturas con globos levada a súa máxima expresión.