ANIMACIÓN DE RÚA
![ANIMACIÓN DE RÚA](https://www.barafundaanimacion.com/wp-content/uploads/2021/03/animacion-rua.jpg)
Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19
BUS CLOWN
Quen podería viaxar nun autobús de globos máis que os pallasos de BARAFUNDA. O peor non é que viaxen nel é que tamén conducen polas rúas este simpático autobús interactuando coa xente. As torpezas e simpatía destes pallasos farán que os sorrisos se debuxen nos rostros do público que os ve pasar.