Dragón

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

DRAGÓN

Este dragón medieval de máis de 15m de longo e 4m de alto, pasea polas rúas liderado por unha escudeira e un cabaleiro con armadura e escudo. O público quedará abraiado coa descomunal creación de globos. Cando pensen que xa o viron todo, o dragón cobrará vida botando fume pola boca facendo as ledicias de todos os presentes.

Dinosauro

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

DINOSAURO

Este brontosauro viaxou nun bucle espazo temporal dende o Xurásico á túa cidade. Este espectacular dinosaurio é vexetariano polo que os viandantes non teñen nada que temer só gozar dun paseo entre dinosauros de tamaño real. Unha experiencia inesquecible.

Alicorno

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

ALICORNO

Son moitas as persoas que soñan con ver esta especie na realidade. Esta é a oportunidade para gozar da maxia do alicorno. Acompañada por personaxes encantados que cos seus polvos máxicos de cores, fan un espectáculo moi vistoso e divertido.

Zancudos

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

ZANCUDOS

Tanto para animación de rúa como para animación dun evento, reparto de flyers ou agasallos promocionais, un zancudo nunca deixa indiferente a ninguén! Con diferentes tipos de zancos e traxes a elixir o que mellor se adapten a cada evento.

Zancudos con traxes e complementos da época preromana, unha animación ideal para a noites animadas. Levarán as caveiras dos seus inimigos cravadas nunha estaca. Si é noite uns fachos de lume.