-
ESTE AGOSTO VÉN A GOZAR DA NATUREZA CON NÓS
-
-
-
Campamento AVENTURA NO NORTE
Campamento AVENTURA NO NORTE, no que a rapazada gozará de auténticas experiencias na natureza e gozará da maxia do norte. Realizaremos actividades moi divertidas como tirolinas nun entorno natural, rutas de senderismo adaptadas as idades, veladas nocturnas... Todo isto nun entorno puro no que aprenderán os valores que o mundo necesita: ecoloxía, igualdade, superación, compañerismo, benestar...
Ademáis, visitaremos o "Parque de la Naturaleza de Cabárceno"

Cabárceno (Penagos, Cantabria)
Do 3 de agosto ata ó 9 de agosto, ambos incluídos.
395€. Inclúen: aloxamento en albergue, servizo de comedor, actividades de campamento e material específico, Seguro de Responsabilidade civil (R.C.), póliza de accidentes e servizo de evacuación permanente.
Prezo especial para irmáns.
@s participantes non se considerarán inscrit@s ata o momento de facer efectivo o pagamento.
A data final de inscrición será o día 27 de xullo.
De 7 a 15 anos (nacidos entre 2005 e 2013)
Actividades elaboradas e dirixidas por profesionais cualificados e con experiencia.
Titulacións pertinentes e cumprimento de requisitos técnicos e formáis segundo normativas e outros requerimentos específicos (PRL, xurídicos, etc.). Formación específica sobre o COVID-19 e experiencia na realización de campamentos na nova normalidade
O pago farase antes do 27 de xullo. Poderase realizar en efectivo no local de Barafunda (Camiño Pombal 38, baixo, 36205 Vigo) ou por transferencia bancaria no número de conta BBVA ES85 0182 1583 080201536327 indicando no asunto o nome e DNI d@ participante.
Deberase enviar:
i.- o xustificante bancario do pagamento,
ii.- a ficha de inscrición cuberta,
iii.- unha copia da tarxeta sanitaria e
iv.- unha copia do DNI a barafunda@barafundaanimacion.com.
Inscríbete
