As fotos!!!

Como anunciabamos no noso facebook, aquí están as fotos do espectáculo Xan das Ondas no Centro Comercial Gran Vía.


Click aquí para ver máis fotos


Como vedes a asistencia foi masiva. Quedamos abraiados da cantidade de nen@s e familiares que se achegaron! 

Agradecementos ó Servizo de Normalización Lingüística de Vigo que foi o organizador. Foi unha tarde moi moi divertida! 

Ademais “colamos” un pequeno adianto dun dos próximos proxectos antes do espectáculo. Os máis atentos percatáronse e ó rematar viñéronnos a preguntar sobre el. Se non fuches un deles non te preocupes, pouco a pouco o iremos desvelando. Así que xa sabedes! Seguide atentos 😉


Posted in Barafunda, Centro Comercial, Gran Vía, normalización lingüística, Vigo, Xan das ondas.