Seguimos coa XIRA INTERESTELAR!!!

Esta vez estamos no Auditorio do Centro Social de Mondariz os días 10 e 11:

O sábado 10 con “As aventuras de Lila e Lolo” e o domingo 11 con “Maxia Branca”.

Por suposto, coma sempre, a prezos populares para que ninguén quede coas ganas de ir:
– Ata dous anos: de balde
– De dous a 16 anos: 3€
– Maiores de 16 anos: 5€

Esta vez temos NOVO HORARIO. Ambos espectáculos comezan ás 18:00h, podendo mercar as entradas dende unha hora antes do comezo.


E vos deixamos cunha foto do 2011, da primeira edición da Xira Interestelar na súa parada en Gondomar… o primeiro capítulo desta aventura 😉


Posted in as aventuras de lila e lolo, Barafunda, festival infantil, maxia branca, Mondariz, xira interestelar.