Espectáculos no Colexio Nosa Señora de Lourdes (A Estrada)

O pasado día 24 estivemos no Colexio Nosa Señora de Lourdes (A Estrada) con dous espectáculos.

Para os máis pequenos, os alumnos de educación infantil, representamos o espectáculo “Pepiña Maruxiña quere voar“. 


Click aquí para ver máis fotos


Despois, para os alumnos de educación primaria levamos o espectáculo “Preséntame un pallaso“. 

Click aquí para ver máis fotos


O asombro, a alegría e a tenrura que transmiten estes espectáculos reflectiuse nas caras dos  alumnos e profes durante toda a xornada. 

Dende aquí queremos agradecer ó Colexio, e especialmente ó ANPA,  por contar con nós para facer dese día un día diferente e, sobre todo, moi especial. 

Posted in Barafunda, colexio, Contacontos, espectáculo, Nosa Señora de Lourdes, payaso, Pepiña Maruxiña, Preséntame un pallaso.