A pequena Atlántida

Como adiantabamos no noso facebook, comezamos proxecto novo!

Tódolos venres estaremos de 18:00h a 20:30h no “Club Infantil pequeVía” do Centro Comercial Gran Vía (local 2, segunda planta). 
A pequena Atlántida, que así se chama, é un espazo ambientado no fondo mariño, para que os nen@s de 2 a 10 anos poidan entreterse mentres os maiores van de compras. Alí faremos divertidísimas danzas, obradoiros incribles e os xogos máis animados!!


Cada mes estará adicado a unha temática, e cada venres a unha subtemática. A continuación podedes ver a programación de febreiro, baseada nas artes escénicas. Concretamente, o primeiro venres de febreiro o adicaremos ó teatro. 



Participar é de balde, e existe un aforo máximo de 20 nen@s. Así que se non queres quedar sen a túa praza… agardámoste ás 18:00h en puntiño o 1 de febreiro! Ademais, por ser a inauguración da Pequena atlántida, haberá unha sorpresa! 

Quen se apunta a pasalo xenial con Barafunda cada vernes??

Posted in animación, atántida, Centro Comercial, Gran Vía, La pequeña Atlántida, obradoiros, pequena, venres, viernes, xogos.

2 Comments

  1. Cando xuntas calidade cariño e bo facer… aparecen os Barafunda. Noraboa por este novo proxecto, pasaremos algún venres de visita coa peque xa que ainda está nos 15 meses, pero seguro que lle gusta ver o que facedes. Unha aperta.

  2. Moitas grazas polo comentario Javier! Como o proxecto é para todo o 2013, que non se preocupe a peque que cara final de ano poderá participar 😉

Comments are closed.