0:05

Información
Saída oficial ás 00:05 h do 1 Novembro, 2023. Haberá que estar 15 minutos antes da hora de saída oficial para entregar os produtos e confirmar a presencia do grupo no Posto de Inscricións.
Nos días previos á realización do roteiro, se enviará aos correos electrónicos e teléfonos de contacto facilitados polas persoas responsables do grupo, un último documento cas indicacións finais para realizar o roteiro ca maior diversión e seguridade. Deberedes lelo e responder confirmando asistencia final.

Localidade
Salvaterra - Praza do Concello


AUTORIZACIÓN MENORES:

Debido á duración, pendentes, kilometraxe do percorrido (+/- 8 km) e tipoloxía (personaxes de terror irán dando sustos), non recomendamos a asistencia a menores de 11 anos.

Tódolos menores deben ir acompañados mínimo por un adulto/a responsable. Cada cinco menores debe haber no grupo un adulto/a responsable diferente.

Para que poidan participar, o adulto/a responsable dos menores debe entregar a seguinte autorización descargable, que deberán firmar os pais, nais ou titores legais dos menores; e entregalas no Posto de Inscricións ao comezo do Roteiro.

Reserva

O Evento está totalmente reservado.