Séquito do capitán Nemo

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

SÉQUITO DO CAPITÁN NEMO

O capitán Nemo fondea o Nautilus no porto máis preto e sae a terra para pasear e estirar as pernas.

Nemo sempre vai escoltado polo seu séquito de personaxes mariñas. Levan a frescura e a ledicia do mar ás rúas da túa cidade cun tsunami de sorpresa, música e diversión.

Pompeiras

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

POMPEIRAS

Unha animación de pura fantasía onde as rúas se enchen de ledicia transparente e irisada. As Pompeiras de BARAFUNDA debuxarán figuras efémeras no ar só con auga e xabón.

Deixan unha espectacular estela de burbullas pequenas... grandes... enormes... multitude de pompas que agradan a todo tipo de público.

Cascarolos

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

CASCAROLOS

Esta curiosa especie deixa un rastro aló por onde pasa. Pasa o mesmo cando BARAFUNDA leva esta divertidísima animación polas rúas.

Estes cascarolos son máis veloces, máis grandes e por suposto máis simpáticos que os de verdade, e transforman o seu rastro en espectaculares composicións de pompas de xabón aínda que tamén os podes ver en estraños vehículos: minibicis, patíns, monociclos...

Bañistas despistados

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

BAÑISTAS DESPISTADOS

Estes bañistas de BARAFUNDA non son despistados, son o seguinte. Son especialistas creando ridículas e desternillantes situacións co público. Os bañistas van na procura da praia da zona ou de calquera recuncho que teña auga para refrescarse: unha fonte, un estanque, unha charca... calquera é unha boa opción para despregar os dispositivos de praia e ducha.

Unha animación na que toda a xente forma parte, dirixindo e aconsellando a estas personaxes.

Batucada

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

BATUCADA

Unha batucada adaptada o teu evento, formada entre 4 e 13 músicos tocando en directo. Composicións e interpretacións frescas, animadas e cheas de ritmo para non parar de vibrar durante o tempo que están actuando. O público non poderá deixar de bailar o seu son, cunha coidada coreografía e posta en escena.

Pódese mesturar con outras animacións para facer un pasarrúas extraordinario e sorprendente. Ademais, adaptamos o vestiario ao tipo de animación solicitada, para que todo sexa tal e como o imaxinas: piratas, medievais, pallasos, celta, nadal...

Medusas

Todas as nosas animacións están adaptadas á situación actual do covid-19

MEDUSAS

Medusas con moito estilo sorprenderán coa súa encantadora danza electrizante. Unha auténtica marabilla. Todo un sensacional acontecemento abraiante, vistoso e fascinante. Fantásticas Medusas feitas con globos e con luz danzan ó ritmo da música nadando entre o público asistente provocando o seu encantamento.

A creatividade de Barafunda trasládanos a un mundo mariño fantástico de gran beleza acompañada de ritmo e danza que provoca un agradable estado emocional.