As ANIMACIÓNS DE RÚA caraterízanse por ser actividades de animación e dinamización moi espectaculares, vistosas e chamativas nas que o público pode disfrutar, participar e interactúar formando parte importante do espectáculo. BaraFunda coas nosas millores propostas de animación de rúa: unha fantástica e provocadora experiencia inesquecible. BARAFUNDA (www.barafundaanimación.com ; www.barafundateatro.com ) está a vangarda na producción de iniciativas culturais destacando a súa presencia desde tempos remotos en Galicia coa realización tanto de espectáculos, a maioría propios, (clown, maxia, música, títeres e monicreques, etc.), contacontos teatralizados, pasarrúas, obradoiros nos que o protagonista son os globos así coma tamén outras accións culturais e editoriáis poñendo énfase na promoción dos nosos valores culturáis e tradicións xunto con accións e iniciativas de igualdade, inclusión e sensibilización social. O éxito das nosas actividades responde a calidade e profesionalidade do gran equipo que compón Barafunda, a orixinalidade e experiencia no desenrolo integral dos seus proxectos que otorga o prestixio e plena confianza do público, clientes e colaboradores.

BAÑISTAS DESPISTADOS

Estes bañistas de BARAFUNDA non son despistados, son o seguinte. Son especialistas creando ridículas e desternillantes situacións co público. Os bañistas van na procura da praia da zona ou de calquera recuncho que teña auga para refrescarse: unha fonte, un estanque, unha charca... calquera é unha boa opción para despregar os dispositivos de praia e ducha.

Unha animación na que toda a xente forma parte, dirixindo e aconsellando a estas personaxes.

Posted in Sin categoría.