As fotos!!!

Como anunciabamos no noso facebook, aquí están as fotos do espectáculo Xan das Ondas no Centro Comercial Gran Vía.


Click aquí para ver máis fotos


Como vedes a asistencia foi masiva. Quedamos abraiados da cantidade de nen@s e familiares que se achegaron! 

Agradecementos ó Servizo de Normalización Lingüística de Vigo que foi o organizador. Foi unha tarde moi moi divertida! 

Ademais “colamos” un pequeno adianto dun dos próximos proxectos antes do espectáculo. Os máis atentos percatáronse e ó rematar viñéronnos a preguntar sobre el. Se non fuches un deles non te preocupes, pouco a pouco o iremos desvelando. Así que xa sabedes! Seguide atentos 😉


Xa as temos!!

Por fin vos podemos amosar as imaxes das cabalgatas de reis nas que Barafunda participou!! 
O día 5 poidechedes vernos como ven sendo tradición na cabalgata de Vigo. Pero ademais este ano, por primeira vez, as nosas creacións con globos percorreron as rúas de Nigrán e Ourense. 
Ademais, tamén vos amosamos os obradoiros infantís que fixemos na lonxa do Concello de Vigo.
Como unha imaxe vale máis que mil palabras,  velaquí un montón de imaxes!!! 

Reconquista Vigo 2011

Con motivo da Festa da Reconquista de Vigo, os “barafundos” estivemos alí para ofrecer un dos nosos espectáculos e, como non, para festexala.
Por segundo ano consecutivo, tralo éxito acadado no 2010 coa actuación “Reconquistando sorrisos”, a organización contou connosco. Nesta ocasión presentamos o traballo en formato de contacontos “Pepiña Maruxiña quería voar”, baseada nunha cantiga e tradición popular galega:
 
Voa voa
Voa maruxiña voa
Polas rúas de Lisboa
Que o teu pai
e a túa nai
coméronche a boroíña toda
Voa voa
voa maruxiña voa
        Como poderedes ver nas seguintes fotografías, os cativos (e non tan cativos…) gozaron desta divertida historia onde se van coñecendo diferentes insectos que habitan no xardín.
       E trala actuación, como non podería ser doutra forma, unímonos á festa enchendo o bandullo ata que chegou a hora de presenciar e participar na representación da reconquista viguesa.