Primeira actuación da charanga de Barafunda

E aquí estamos unha semana máis para contarvos as nosas novas!


Durante os últimos meses estivemos preparando a que sería a primeira charanga de Barafunda. O día 17 de novembro tivemos a nosa estrea por todo o alto, concretamente nos XXXV Premios da Crítica Galicia 2012. 

Celebráronse no Hotel Los Escudos de Vigo, e a charanga Barafunda amenizou todo o acto con temas divertidos e vibrantes.


A charanga, formada por sete membros, conta con grandes artistas cun longo percorrido no eido da música. Aquí deixamos algunhas fotos mentras non os podades gozar en directo 😉


Quiquiriquí!!!

Este nadal, a concellería de Normalización Lingüística de Vigo xunto con Barafunda, presentamos a actividade “O quiquiriquí”.
Nace a partir do DVD/CD que se amosa maís abaixo, onde a Asociacion de Gaiteiros Galegos e mailos estudos Casa de Tolos asócianse para facer este documento audiovisual onde se reflexan os diferentes aspectos culturais, tradicionais e antropolóxicos do Nadal en Galicia.

A actividade está enfocada para o público infantil e nela proxectarase o dvd do “Quiquiriquí” onde a través de distintas persoaxes faise un percorrido polas principais tradicións destas datas: as panxoliñas, os aguinaldos, o tizón, as pedras do sal…

Despois, continuarase coa animación a través de xogos e cancións, onde @s nen@s gozarán deixándose levar pola música.

Agardámovos os días:

  • venres 23 de decembro ás 12:00h., na Biblioteca Central (Joaquín Yáñez, 6)
  • sábado 24 de decembro ás 11:00h., no Centro Cultural de Valadares (Estrada Xeral de Valadares, 261)
  • martes 27 de decembro ás 11:00h, na Ludoteca Coia (Pavillón deportes de Coia, avda. Castelao, s/n)
  • mércores 28 de decembro ás 18:00h, na Biblioteca Neira Vilas (avda. Martínez Garrido, 21)
  • xoves 29 de decembro ás 11:00h, Centro Cívico de Teis (camiños Maceiras, 2)
  • venres 30 de decembro ás 11:00h, Centro Cívico de Coruxo (avda. Ricardo Mella, 296)
Vémonos!!!

PRESENTACIÓN DO NOVO ESPECTÁCULO DE BARAFUNDA
“A QUEIMADA”
Barafunda presentou, no Concello de Nigrán, o seu novo espectáculo “A queimada” obtendo un grande éxito.
         Fieis ó seu compromiso coa cultura galega, Barafunda estivo a preparar durante estes meses unha representación teatralizada sobre a tradición popular galega da queimada
         Unha combinación de maxia, lume e son, que fan que o espectador se mergulle no mundo inquedante das meigas, os espíritos e as artes escuras, mentres descubre a cultura da nosa terra así como todos os elementos e simbolismos desta tradición.
         Un espectáculo que coida ata o mínimo detalle, e permítenos saborear unha das nosas sinais de identidade máis representativas.
…POLO PODER DOS ESPÍRITOS
QUE SENTES PERO NON VES,
QUEIMADA EU TE FIXEN,
QUEIMADA TI ES…

Click aquí para ver máis fotos