Reconquista Vigo 2011

Con motivo da Festa da Reconquista de Vigo, os “barafundos” estivemos alí para ofrecer un dos nosos espectáculos e, como non, para festexala.
Por segundo ano consecutivo, tralo éxito acadado no 2010 coa actuación “Reconquistando sorrisos”, a organización contou connosco. Nesta ocasión presentamos o traballo en formato de contacontos “Pepiña Maruxiña quería voar”, baseada nunha cantiga e tradición popular galega:
 
Voa voa
Voa maruxiña voa
Polas rúas de Lisboa
Que o teu pai
e a túa nai
coméronche a boroíña toda
Voa voa
voa maruxiña voa
        Como poderedes ver nas seguintes fotografías, os cativos (e non tan cativos…) gozaron desta divertida historia onde se van coñecendo diferentes insectos que habitan no xardín.
       E trala actuación, como non podería ser doutra forma, unímonos á festa enchendo o bandullo ata que chegou a hora de presenciar e participar na representación da reconquista viguesa.