Promoción especial para amigos do Facebook

Como anunciamos temos unha nova campaña para todos os nosos amig@s!!! no noso facebookTwitterInstagram
 
Se estás organizando un aniversario, comuñón, voda, festa familiar… ou calquera outro tipo de evento esta pode ser a túa oportunidade!! Só por ser amig@ do noso facebookTwitterInstagram terás un 10% de desconto nas nosas tarifas!!!
 
Dende 175 € podes animar o teu evento e facer del algo único e diferente!! Contacta connosco no 986 221 218 ou en barafunda@barafundaanimacion.com e darémosche toda a info que precises.
 
So hai dous requisitos:
 
– Ser amigo do noso facebook: http://www.facebook.com/barafunda.animacion.
– Facer a túa reserva antes do 1 de xullo.
 
Quen se apunta a esta super oferta??

Non se inclúen na campaña animación de rúa, obradoiros nin espectáculos e contacontos.

Non inclúe IVE nin transporte/desprazamento.

3,2,1… ENTROIDO!!

Por fin chegou o Entroido!!!! Unha das nosas festas favoritas do mundo mundial!!

Arrincamos mañá, venres 24 de febreiro con cousiñas variadas… Aquí vos deixamos algúns plans:

  • Ás 10:00h estaremos en Salvaterra, animando o desfile dos colexios do concello, e pola tarde, de 17:00 a 18:00h homenaxeando a Rosalía de Castro no parque da Canuda.

 

  • Ás 12:00h, andaremos montando troula na rúa peatonal do Calvario coas alumnas e alumnos do CEIP O POMBAL. 

 

  •  E coma sempre, a partir das 17:30h os talleres dos venres no Centro Comercial Gran Vía, no que deseñaremos os complementos máis divertidos para o noso photocall!! Aquí vos deixamos o programa.

 

    • Ás 18:00h no Corte Inglés, maquillaxe de fantasía! Ven e maquíllate do que máis che guste!!

     

    • E ademais comezamos coas actividades de entroido na Zona Náutico:

        Anunciamos os nosos cursos!!!

        A través do noso facebook fómosvolo adiantando e agora ímolo explicar con detalle.  

        Barafunda, no noso compromiso coa formación e actualización de coñecementos, colabora co Centro de Formación Divino Maestro realizando cursos de formación continua para activos. 



        Estes cursos poden ser bonificados pola Fundación Tripartita a través das cotas da Seguridade Social. Isto quere dicir, que poden saírche totalmente de balde

        Que é a formación bonificada?? É a que as empresas poñen a disposición dos seus traballadores a custo cero, con cargo ás bonificacións á Seguridade Social. Todas as empresas contan cunha cota anual para a formación dos seus traballadores (crédito formativo) e se non se consume durante o ano, esa cantidade pérdese. Polo tanto, se traballas por conta allea, os nosos cursos podes facelos a custo cero para ti e para a túa empresa.

        No caso de non estar traballando ou ter consumido o crédito formativo, tamén podes realizar os nosos cursos. Nese caso, asumindo o custo da formación.

        Os cursos que actualmente temos dispoñibles son:
        • Esculturas con globos
        • Xogos sen xoguetes
        • Danzas e cancións de animacións
        • Decoración con globos
        • Maquillaxe e caracterización
        • Repostería creativa: cupcakes
        • Repostería creativa: galletas
        • Repostería creativa: tartas
        • Feltro
        • Teatro
        • Bolsos e moedeiros
        • Elaboración artesanal de velas
        • Elaboración artesanal de xabóns
        • Arxilas máxicas
        • Amigurimis artesanais
        • Esmalte en frío


        E máis concretamente, o próximo curso que temos organizado é de REPOSTERÍA CREATIVA: CUPCAKES o SÁBADO 27 DE ABRIL, de 9:00h a 15:00h. 



        Se precisas máis info deste ou doutro curso, podes poñerte en contacto co Xestor de Formación do Centro Divino Maestro: Diego – 654.517.450


        E se non atopas o curso que buscas, rétanos a preparalo para ti 😉