Pepiña Maruxiña quere voar, o libro!!

Por fin podemos anunciar que Pepiña Maruxiña quere voar xa é un conto ilustrado!!



Moitos coñecedes a historia desta xoaniña a través do noso contacontos, que xa leva nada máis que catro anos percorrendo auditorios, centros escolares, festas privadas… de toda Galicia.



Dende Barafunda editorial, no noso compromiso coa literatura infantil en galego, estivemos moitos meses traballando neste novo proxecto. Pepiña Maruxiña quere voar é o noso terceiro conto infantil ilustrado e agardamos que teña o mesmo éxito que os anteriores.

Para a súa presentación estaremos venres, sábado e domingo no Culturgal 2013 (Pazo da Cultura de Pontevedra). Alí o poderedes adquirir en primicia mentres non chega ás máis de 100 librerías de toda Galicia polas que o distribuiremos. 



No noso stand, ademais de amosar o noso traballo realizaremos diferentes actividades para todos vós: maquillaxe infantil, visita do Apalpador, obradoiro de globoflexia… 

Agardamos veros a todos no noso espacio do Culturgal! Como aperitivo, aquí vai o vídeo promocional do noso novo proxecto:



Agardamos que vos guste tanto como cariño puxemos para facer realidade este conto 🙂