Barafunda Recors!!!

         Si, si, como o ledes!! Barafunda, no seu compromiso coa cultura galega, crea o seu propio selo discográfico “Barafunda Recors”
Este proxecto xorde para satisfacer a demanda dun respaldo legal para os grupos musicais emerxentes. Na procura de crear proxectos integrais creamos este selo discográfico, que xunto á editorial e ó departamento de animación, supoñen unha forte aposta pola cultura galega.
O noso primeiro fichaxe é o grupo vigués Inerttes, unha banda que agardamos logre novos éxitos. E así o recolle hoxe mesmo o Faro de Vigo:
Así que xa o sabedes, esta noite ás 23:00h. estaremos na Sala Playmovil (Vigo) presentando o noso novo proxecto. Vémonos alí!!! 
E por último lembrade que xa temos páxina de facebook. Agregádenos para estar ó tanto de tódalas novas aquí  🙂

PRESENTACIÓN DO NOVO ESPECTÁCULO DE BARAFUNDA
“A QUEIMADA”
Barafunda presentou, no Concello de Nigrán, o seu novo espectáculo “A queimada” obtendo un grande éxito.
         Fieis ó seu compromiso coa cultura galega, Barafunda estivo a preparar durante estes meses unha representación teatralizada sobre a tradición popular galega da queimada
         Unha combinación de maxia, lume e son, que fan que o espectador se mergulle no mundo inquedante das meigas, os espíritos e as artes escuras, mentres descubre a cultura da nosa terra así como todos os elementos e simbolismos desta tradición.
         Un espectáculo que coida ata o mínimo detalle, e permítenos saborear unha das nosas sinais de identidade máis representativas.
…POLO PODER DOS ESPÍRITOS
QUE SENTES PERO NON VES,
QUEIMADA EU TE FIXEN,
QUEIMADA TI ES…

Click aquí para ver máis fotos