Antón, un Neno Diferente

 

                                                        BaraFunda e LuArt presentan:

 

Antón un Neno Diferente”, a gran obra de Títeres con música Orixinal máis esperada!

Se estrena en Vigo no Auditorio Cívico de Teis (Rúa dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres, 12) o vindeiro sábado día 30 de setembro as 19:00: unha historia de INCLUSIÓN e SUPERACIÓN na que coñereceremos a   criaturas Mitolóxicas galegas namentres axudamos a Antón cunha pócema máxica coa que poder voltar a súa   aldea.

Para asistir o día do estreo, sábado día 30 (19:00), pódense adquirir as entradas en “A Taquilla”:

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/infantil/auditorio-centro-civico-de-teis/16286–anton-un-neno-diferente.html

Esta marabillosa obra trata de  (sinopse):

“Antón é un neno diferente, distinto físicamente dos veciños do seu pobo, quenes se burlan e lle   botan a culpa de todo o malo que acontece. Certo día unha epidemia de variola contaxia a todos os   habitantes menos a Antón; así que deciden expulsalo do pobo co fin de liberarse desa “maldición”.

 Antón no seu exilio atopa a Uxío, un mago enfeitizado, quen lle ofrece un desexo se o axuda a   acadar uns estraños ingredientes que precisa para crear unha pócema máxica e así desfacerse do   seu feitizo.

 Antón accede a axudalo, comezando aquí unha emocionante aventura. Aventura que o levará a   descubrir lugares sorprendentes e a coñecer personaxes da mitoloxía galega tan curiosas como a   Coca, a Maruxaina, os Demos e Biosbardos…

 Con todo, conseguirá Antón o que máis desexa?”

En definitiva trátase dun espectáculo multidisciplinar de teatro de actores e monicreques en diversas técnicas (sombras, bunraku, bocones, obxectos…) dirixido a público familiar e infantil realmente emotivo á vez que divertido.

Utilízanse recursos de iluminación, vídeo e música orixinal para recrear a xeografía e tradicións de Galicia.

Entre outras cousas ANTÓN pretende, a través dunha historia fantástica, tocar temas como a MIGRACIÓN FORZADA e os EFECTOS DO ACOSO, destacando a importancia de valores coma a TOLERANCIA, o AMOR e o RESPECTO CARA A DIVERSIDADE e, sobre todo, a VALENTÍA, para afrontar os obstáculos e lograr os obxectivos que nos plantexemos.

NOTA:

 Nos enlaces que siguen hai acceso a máis información e a imaxes divertidas relativas a este   evento:

https://barafundateatro.com/anton-un-neno-diferente/

      https://www.instagram.com/barafundateatro/

 Achego ademáis adxunto un simpático vídeo de presentación desta magnífica obra que gusta a todos.

O éxito das nosas actividades responde a calidade e profesionalidade do gran equipo que compón  Barafunda,  a orixinalidade e experiencia no desenrolo integral dos seus proxectos que otorga o prestixio e plena confianza.

  Non dubides consultar para máis información.

Agradecéndolle o seu interés, a súa atención e consideración reciba un cordial e atento saúdo.

Para más información o cualquier consulta en:

                            www.barafundaanimacion.com

 

Actividades Nadal e Cabalgatas de Reis

Actividades Nadal e Cabalgatas de Reis

Shows e espectáculos, animación de rúa, obradoiros e arte e decoración con globos

Achego propostas para o “Nadal de 2019 e Cabalgata de Reis”  destaca polo seu detalle e a minuciosa elaboración de figuras propias destas datas elaboradas con globos de latex natural biodegradables (https://youtu.be/KrzZ6YS876E).

DescargaProxecto Proposta para o Nadal e Cabalgata de Reis

O éxito das nosas actividades responde a calidade e profesionalidade do gran equipo que compón  Barafunda,  a orixinalidade e experiencia no desenrolo integral dos seus proxectos que otorga o prestixio e plena confianza.

Como xa sabe non dubide en consultarnos para máis información ou aclaracións que precise; estamos encantados de atender calqueira consulta e incluso para colaborar na planificación ou organización de calqueira evento e actividade. Se ten interés noutras opcións ou posibilidades por favor coméntame.

Contamos con persoal profesional e cualificado con amplia experiencia formado e coa titulación pertinente conforme ós requisitos exixibles segundo as diferentes normativas: laboral, formación en PRL e demáis certificados como o de non antecedentes penais (de natureza sexual) e cualqueira outro requisito imprescindible conforme ás normativas vixentes laboral e fiscal así coma tamén os seguros de R.C. necesarios para o correcto exercicio e desenrolo da nosa actividade.

Empregamos materiais e globos ecolóxicos biodegradables de latex natural co compromiso de coidar do medioambente.

  Para más información o cualquier consulta en:

 

O SAMAÍN ¿mete medo?

O SAMAÍN (halowen na tradición anglosaxona).

e o Magosto, o fin da colleita e tempo de lecer e disfrutar.

 

A nos que nos encanta o Samaín  propoñemosche  desde Barafunda varias actividades moi dinámicas e animadas e algunhas delas arrepiantes para celebrar esta época tan relevante da nosa cultura e realzar unha das tradicións máis arraigadas de orixe celta relacionada coas colleitas e tamén cos espiritus que nos acechan dende o máis alá.

Segundo a Galipedia, a Wikipedia en galegoé una festa asociada ó ciclo anual do sol…” forma parte das nosas tradicións de orixe celta máis fermosas  e arraigadas no noso acervo cultural e “…foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos..”.

“… Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e, con el do ano vello, e o comezo do inverno e, con el, do ano novo. Igualmente, o Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.[1]

Coincidía así, nesta noite do 31 de outubro ó 1 de novembro e tamén ó 2 de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás ánimas do outro mundo.

Pero outras fontes dan unha explicación contraria. A chegada das ánimas nesta noite representaba un potencial perigo[2] do que se defendían colocando sobre os muros ou nos vaos das paredes as caveiras dos seus inimigos, para que as ánimas que puidesen vir non se achegasen ós castros nin ás casas. Dentro desas caveiras colocaban unha candea de sebo acesa…”.

O millor aniversario, o teu…

Aniversarios (e cumpreanos)

Celebra o teu aniversario dun xeito especial e diferente, celebra un aniversario a tope con Barafunda e comparte ese momento extraordinario cos teus amig@s, os de sempre e os nov@s… con espectáculos divertidos: de maxia, clown (pallasos), obradorios, xogos populares, decoración con globos, e ¿por qué non? tamén inchables.

Non olvides contactar con nos para máis información e reserva canto antes, non esperes outro ano:

            986 22 12 18

            barafunda@barafundaanimacion.com

Axenda entroideira!!


SÁBADO 25:

  • 17:30h Festa de entroido na Asociación de veciños de Borreiros.

 DOMINGO 26:

  • 17:00h Espectáculo Xan das Ondas na Porta do Sol, Vigo.
  •  Animación entroideira nas rúas de Padrón.

 LUNS 27 FEBREIRO

  • 17:30h Espectáculo Maxia Branca na Lonxa do Concello.
  • 17:00h Festa de Entroido no Centro Cultural Helios en Bembrive.

MARTES 28 FEBREIRO

  • 12:00h Contacontos Pepiña Maruxiña quere voar na Feira Mundo Nen@s no Recinto Feiral de Pontevedra.
  • 17:00h Desfile de Entroido no Pavillón de Dodro.
  •  17:30h Espectáculo Maxia Xabi na Lonxa do Concello.

1 MARZO

  •  17:00h Maquillaxe de entroido en Salvaterra
  • 20:00h Espectáculo Maxia Branca no Grove

Sen esquecernos das actividades no Náutico, que comezan desde hoxe mesmo!!

3,2,1… ENTROIDO!!

Por fin chegou o Entroido!!!! Unha das nosas festas favoritas do mundo mundial!!

Arrincamos mañá, venres 24 de febreiro con cousiñas variadas… Aquí vos deixamos algúns plans:

  • Ás 10:00h estaremos en Salvaterra, animando o desfile dos colexios do concello, e pola tarde, de 17:00 a 18:00h homenaxeando a Rosalía de Castro no parque da Canuda.

 

  • Ás 12:00h, andaremos montando troula na rúa peatonal do Calvario coas alumnas e alumnos do CEIP O POMBAL. 

 

  •  E coma sempre, a partir das 17:30h os talleres dos venres no Centro Comercial Gran Vía, no que deseñaremos os complementos máis divertidos para o noso photocall!! Aquí vos deixamos o programa.

 

    • Ás 18:00h no Corte Inglés, maquillaxe de fantasía! Ven e maquíllate do que máis che guste!!

     

    • E ademais comezamos coas actividades de entroido na Zona Náutico: