Vémonos no Bee Market!!

Do 6 ó 9 de decembro participaremos no Bee market do Auditorio do Palacio de Congresos Mar de Vigo.
No noso posto poderedes coñecer de primeira man as actividades que realizamos, tanto dende a área de animación, coma da editorial e discográfica. Tamén poderedes adquirir os nosos libros “Antón e o Apalpador” e “A casa do rato Renato”, así coma os discos da banda de pop-rock fichada por Barafunda recors: Inerttes.
Exemplares de “Antón e o Apalpador” e “A casa do rato Renato”
Ademais, o vernes pola tarde representaremos o contacontos “Antón e o Apalpador” e o sábado Inerttes dará un concerto.

Inerttes

E toooooodo isto e máis por un prezo solidario: adultos 1kg de comida ou 1€ e os nenos/as de balde. O recadado irá destinado a comedores sociais da cidade. 
¿Quen se apunta?

A casa do rato Renato na Biblioteca Neira Vilas

Con motivo do Samaín, Barafunda estivo na Biblioteca Neira Vilas (Martínez Garrido, Vigo) co seu contacontos “A casa do rato Renato”.
Unha historia ambientada na época na que nos atopamos, que conta como Renato andaba na procura dunha cabaza para facer a súa casa. Sen sabelo, Renato vaise mergullar na noite do Samaín descubrindo as tradicións das festas do Magosto.

Máis fotos aquí

E despois de gozar desta emotiva historia, os nenos e nenas puideron ir para casa con maquillaxes terroríficos: meigas, espíritos, vampiros…