22:25 H

Información
Saída oficial ás 22:25 h do 31 Outubro, 2024. Haberá que estar 15 minutos antes da hora de saída oficial para entregar os produtos e confirmar a presencia do grupo no Posto de Inscricións.
Nos días previos á realización do roteiro, se enviará aos correos electrónicos e teléfonos de contacto facilitados polas persoas responsables do grupo, un último documento cas indicacións finais para realizar o roteiro ca maior diversión e seguridade. Deberedes lelo e responder confirmando asistencia final.

Localidade
Tui - Praza da Inmaculada


AUTORIZACIÓN MENORES:

Debido á duración, pendentes, kilometraxe do percorrido e temática lembre que personaxes de terror irán dando sustos e non recomendamos a asistencia e participación de menores ou de xente moi impresionable.

Tódolos menores deben ir acompañados mínimo por un adulto/a responsable. Cada cinco menores debe haber no grupo un adulto/a responsable diferente.

Para que poidan participar, o adulto/a responsable dos menores debe entregar a seguinte autorización a menores, que deberán firmar os pais, nais ou titores legais dos menores; e entregalas no Posto de Inscricións ao comezo do Roteiro.

Reserva

O Evento está totalmente reservado.