IV Campamento Pirata na Illa de San Simón

Énchenos de ledicia comunicarvos que este ano 2019 volta o noso CAMPAMENTO PIRATA na incrible Illa de San Simón!!

Xa é a sexta edición deste campamento no que os nenos e nenas desfrutarán da máxica illa e das súas instalacións realizando actividades acuáticas como paddle surf ou kayak, buscando o tesouro do Capitán Nemo ou coñecendo nov@s @s amig@s c@s que desfrutar da aventura!!
Non deixedes de ver este vídeo que resume o espíritu pirata do noso campamento:

Tamén vos deixamos por aquí un pouquiño de información xeral do campamento, con algunhas das actividades que levaremos a cabo e co material necesario, así como o prezo e o horario de saída e de chegada:



E se estades interesad@s en apuntar @s vos@s fill@s, deixámosvos a folla de inscrición:

Calqueira cousiña non dubidedes en contactar con nós, ben a través d noso Facebook, por correo electrónico en barafunda@barafundaanimacion.com ou por teléfono no 986221218.
Non quededes sen praza!!

Posted in Campamento, campamento de verano, campamento pirata, Galicia, illa de san simón, ocio infantil, Rande, redondela, verán, Vigo.