Factoría de eventos

En Barafunda Animación somos especialistas en crear espellismos máxicos e ilusións que non deixan a ninguén indiferente. A sorpresa e a emoción son parte fundamental do noso traballo, e poñemos a disposición do noso cliente todo o que sexa necesario para que saia satisfeito.

Cóntanos a túa idea e nós xa nos encargamos de facelo realidade! Xestionamos desde visitas guiadas, campamentos, ximkanas temáticas, recreacións históricas, decoracións e ambientacións, campañas de sensibilización, excursións, obradoiros para maiores, congresos e feiras...