DIA 1. EXCURSIÓN CABÁRCENO

Boas noites familias!!
Pois si, xa rematou o primeiro día da excursión.
Foi un día moooi loooongo no bus: primeiro unha paradiña na Praia das Catedrais para comer (con distancia de seguridade claro) e comprar un xeado. Despois, outro ratiño no bus facendo algúns xogos e cantando para facer unha parada en Ribadesella. E xa na última parte do traxecto, repartiron as sudaderas a cambio de chistes.
Finalmente chegamos ao albergue, onde os monitores Borja e Vanesa recibíronnos con moito xel hidroalcóholico.
Maletas, habitacións, duchas e tocou a primeira cea na que tivemos que facer dous grupos por seguridade. Xa na noite, chegou a velada na que xogamos moitísimo.

Agora toca descansar para rendir mañá en Santillana del Mar e Forestal Park.
Non nos botedes de menos.

37 apertas.

Posted in Interesa saber....