Resumo das últimas semanas

Coa carga de traballo destes días non tivemos tempo de informaros sobre as actividades que íamos realizando. Hoxe vos amosamos algunhas delas.

Animación nas excursións escolares a San Simón. Centos de nenos e nenas de diversos colexios visitaron a Illa antes de rematar as clases. Nós estivemos alí para facer desa visitas un acto máis especial se cabe. 



Actuación “Xan das Ondas” na festa de fin de curso da ANPA Picariños, en A Estrada: 



Maquillaxe infantil no C.C. Gran Vía con motivo do seu aniversario: 



Presentación e animación do concurso infantil de disfraces dos anos 50, con motivo do aniversario do C.C. Gran Vía:



Actuación “QTKgas” na festa de fin de curso de FESANPAS: 




Espectáculo “Maxia Xabi” en Arbo e en Cuntis: 



Pasarrúas na Batalla das Flores de Ourense: 



Campamento Pirata Illa de San Simón:


Ademais de outras actividades das que non temos fotos como festas privadas, festas de fin de curso noutros colexios, animacións para asociacións, etc.

E aínda queda moito verán por diante!!!!

As fotos!!!

Como anunciabamos no noso facebook, aquí están as fotos do espectáculo Xan das Ondas no Centro Comercial Gran Vía.


Click aquí para ver máis fotos


Como vedes a asistencia foi masiva. Quedamos abraiados da cantidade de nen@s e familiares que se achegaron! 

Agradecementos ó Servizo de Normalización Lingüística de Vigo que foi o organizador. Foi unha tarde moi moi divertida! 

Ademais “colamos” un pequeno adianto dun dos próximos proxectos antes do espectáculo. Os máis atentos percatáronse e ó rematar viñéronnos a preguntar sobre el. Se non fuches un deles non te preocupes, pouco a pouco o iremos desvelando. Así que xa sabedes! Seguide atentos 😉


Presentación “Xan das Ondas”

Este domingo presentamos o novo contacontos “Xan das Ondas”!!!

Nesta ocasión coñeceremos a Xan, un rapaz ó que lle gusta moito o mar. Unha mañá descubre que non ten ondas e parece que está moi enfermo, así que emprende unha gran aventura adentrándose no máis profundo dos océanos para descubrir por que o mar non ten ondas. Nesta viaxe Xan fará moitos amigos e coñecerá ós habitantes dos mares. ¿Conseguirá Xan salvar ó mar da súa doenza?
Se queres saber se o logra, ¡non podes faltar!
¿Cando? O domingo 22 ás 18:00 h. (apertura de portas ás 17:45h. ata completar o aforo: 120 persoas)
¿Onde? No Museo Verbum (Avda. de Samil, 17. Vigo)
¿Para quen? Para público familiar. Haberá intérprete de lingua de signos.
¿Por canto? De balde