Anunciamos os nosos cursos!!!

A través do noso facebook fómosvolo adiantando e agora ímolo explicar con detalle.  

Barafunda, no noso compromiso coa formación e actualización de coñecementos, colabora co Centro de Formación Divino Maestro realizando cursos de formación continua para activos. 



Estes cursos poden ser bonificados pola Fundación Tripartita a través das cotas da Seguridade Social. Isto quere dicir, que poden saírche totalmente de balde

Que é a formación bonificada?? É a que as empresas poñen a disposición dos seus traballadores a custo cero, con cargo ás bonificacións á Seguridade Social. Todas as empresas contan cunha cota anual para a formación dos seus traballadores (crédito formativo) e se non se consume durante o ano, esa cantidade pérdese. Polo tanto, se traballas por conta allea, os nosos cursos podes facelos a custo cero para ti e para a túa empresa.

No caso de non estar traballando ou ter consumido o crédito formativo, tamén podes realizar os nosos cursos. Nese caso, asumindo o custo da formación.

Os cursos que actualmente temos dispoñibles son:
  • Esculturas con globos
  • Xogos sen xoguetes
  • Danzas e cancións de animacións
  • Decoración con globos
  • Maquillaxe e caracterización
  • Repostería creativa: cupcakes
  • Repostería creativa: galletas
  • Repostería creativa: tartas
  • Feltro
  • Teatro
  • Bolsos e moedeiros
  • Elaboración artesanal de velas
  • Elaboración artesanal de xabóns
  • Arxilas máxicas
  • Amigurimis artesanais
  • Esmalte en frío


E máis concretamente, o próximo curso que temos organizado é de REPOSTERÍA CREATIVA: CUPCAKES o SÁBADO 27 DE ABRIL, de 9:00h a 15:00h. 



Se precisas máis info deste ou doutro curso, podes poñerte en contacto co Xestor de Formación do Centro Divino Maestro: Diego – 654.517.450


E se non atopas o curso que buscas, rétanos a preparalo para ti 😉