Así foi o Nadal 2016-2017 de Barafunda

Queremos facer un pequeno repasiño polas festas do Nadal 2016-2017 de Barafunda, das que aínda estamos a recuperarnos… Foi un nadal moi intenso que non tería sido posible sen o equipazo barafundeiro ao que queremos dar unha e mil veces AS GRAZAS!!

Comezamos lembrando o Parque Xurásico de Nadal, no que ademáis da Dinoescola e o Volcán, levamos a cabo a decoración xurásica, e do que xa vos falamos nesta outra entrada do blogue.

Durante todas as festas estivemos na Zona Náutico, facendo todo tipo de manualidades e divertidísimas animacións de rúa:

Recibimos ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente (aos auténticos) no Corte Inglés e no Auditorio do Concello de Vigo:

E moitas moitas cabalgatas!!! Estivemos en Vigo, na Dinocabalgata, co noso Globosauro, que deu moito que falar:

 
En Rianxo, na fermosa cabalgata con temática mariñeira (Fotos de A Fiestra):
@s nos@s cascarolos desfilaron por Padrón acompañad@s por uns Ogros moi amables:

Polas rúas de Arzúa andiveron Pinocho e compañía derrochando ledicia!!

E as nosas pompeiras encheron Santiago de Compostela de pompas de xabón e de sorrisos!!

Deixamos no tinteiro contacontos, festas e algunha que outra animación de Nadal que fixemos e de todo aquilo que non temos documentos gráficos!! Pero así vos facedes unha idea, grosso modo, de cómo foi o Nadal de Barafunda. 
Comezamos esta entrada dando as grazas e queremos rematala do mesmo xeito. MOITÍSIMAS GRAZAS a tódalas persoas que traballades con nós e a tódalas que confiades en Barafunda, pois nada desto tería sentido sen vós!!

Máis de 10000 globos… Montaxe do Parque Xurásico de Nadal

Estes días o hall do Auditorio Mar de Vigo, converteuse no Parque Xurásico de Nadal!! 
Desde Barafunda estamos moi moi satisfeit@s co resultado da decoración xurásica, pero sobre todo, estamos contentísim@s co equipazo de montaxe que durante tres días dérono todo sen perder o sorriso nin a enerxía en ningún momento!!
Para tod@s el@s, un milleiro de grazas!! É un verdadeiro pracer traballar agusto e conseguir resultados tan ESPECTACULARES!! 

Foron moitas horas de traballo, máis de 10000 globos inflados, moito esparadrapo nas mans, pero… cremos que o esforzo valeu a pena!!  Agora tócalles desfrutar aos cativos e cativas da casa!!
E a vós?? Que vos parece o resultado final?

 


PINVI 2013

Xa estamos de volta!! O ritmo de traballo do Nadal non nos permitiu pasar antes por aquí.
Vos preguntaredes que estivemos facendo para estar tan ocupados. Como sempre nos gusta dicir, unha imaxe vale máis que mil palabras. Así que vos presentamos o vídeo dun dos proxectos nos que estivemos traballando: O PINVI 2013.

Unha ludoteca ambientada nunha granxa e cinco obradoiros baixo a temática das profesións (pasteleiro, pintor, escultor, labrego e pescador) foron as nosas propostas para o Parque Infantil de Nadal de Vigo (PINVI)  no Auditorio Mar de Vigo.

Fostes moitos os que vos pasáchedes polas actividades, tantos que tivemos que mercar máis existencias!! Tamén moitos os que repetiades todos os días, os que nos dábades as vosas felicitacións, os que fixestes fermosos cadros , esculturas incríbles ou saborosas galletas Así que a todos vós GRACIAS por participar!! 

E se queres seguir ó tanto das nosas actividades lembra que podes atoparnos no noso facebook.


Vémonos no Bee Market!!

Do 6 ó 9 de decembro participaremos no Bee market do Auditorio do Palacio de Congresos Mar de Vigo.
No noso posto poderedes coñecer de primeira man as actividades que realizamos, tanto dende a área de animación, coma da editorial e discográfica. Tamén poderedes adquirir os nosos libros “Antón e o Apalpador” e “A casa do rato Renato”, así coma os discos da banda de pop-rock fichada por Barafunda recors: Inerttes.
Exemplares de “Antón e o Apalpador” e “A casa do rato Renato”
Ademais, o vernes pola tarde representaremos o contacontos “Antón e o Apalpador” e o sábado Inerttes dará un concerto.

Inerttes

E toooooodo isto e máis por un prezo solidario: adultos 1kg de comida ou 1€ e os nenos/as de balde. O recadado irá destinado a comedores sociais da cidade. 
¿Quen se apunta?