¡¡AVISO!! ¡¡AVISO!! Os Reis están a chegar!!

Xa están de camiño os Reis acompañados coma sempre polo “Carteiro Real” e moitos “Paxes” asi que preparádevos…

Sabemos que van  andar tanto de Norte a Sur como do Leste ó Oeste (ou viceversa, a saber) por toda Galicia así que axiña prepara a túa carta se no o fixeches antes, date presa e estate atento pois non tardarán en chegar a tua localidade. Acórdate de poñerlle auga para o camelos e tamén un detalle para os Reis e os seus séquitos que veñen de moi lonxe para traerche os presentes e os regalos que mereces.

Barafunda deséxache un merecido Feliz Ano a ti e a todos os teus. A disfrutalo.

¡EXTRA! ¡EXTRA! O nadal xa está aquí… en Barafunda

O Nadal 2018 en Barafunda

O noso Nadal

Unha vez máis o Nadal ven visitarnos; un momento especial i emocionante para disfrutar plenamente das nosas vidas e tamén da vidas dos demáis, e como non sobor de todo, tamén dos nosos.

Chega coma todos los anos para iluminarnos e deleitarnos coa millor compañía e con todos os praceres que nos pode ofrecer para divertirnos, xogar e brincar, voltar a xuntarnos e encontrarnos todos novamente e compartir máis momentos entrañables. Qué ledicia.

En Barafunda queremos estar xunto a ti coma sempre pero ademáis con moi boas novas: a visita do “Apalpador” (que ben!!!) e tamén seguramente a de algún trasno, queremos cantar panxoliñas con “Panxoliñas Surfing“, e “Xogar cos Trasnos“; os Reis Magos xa confirmaron unha vez máis que queren voltar a visitarnos asi que hai que estar atentos ó “carteiro real”, non hai que despistarse.

O SAMAÍN ¿mete medo?

O SAMAÍN (halowen na tradición anglosaxona).

e o Magosto, o fin da colleita e tempo de lecer e disfrutar.

 

A nos que nos encanta o Samaín  propoñemosche  desde Barafunda varias actividades moi dinámicas e animadas e algunhas delas arrepiantes para celebrar esta época tan relevante da nosa cultura e realzar unha das tradicións máis arraigadas de orixe celta relacionada coas colleitas e tamén cos espiritus que nos acechan dende o máis alá.

Segundo a Galipedia, a Wikipedia en galegoé una festa asociada ó ciclo anual do sol…” forma parte das nosas tradicións de orixe celta máis fermosas  e arraigadas no noso acervo cultural e “…foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos..”.

“… Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e, con el do ano vello, e o comezo do inverno e, con el, do ano novo. Igualmente, o Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesta noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; por veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.[1]

Coincidía así, nesta noite do 31 de outubro ó 1 de novembro e tamén ó 2 de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás ánimas do outro mundo.

Pero outras fontes dan unha explicación contraria. A chegada das ánimas nesta noite representaba un potencial perigo[2] do que se defendían colocando sobre os muros ou nos vaos das paredes as caveiras dos seus inimigos, para que as ánimas que puidesen vir non se achegasen ós castros nin ás casas. Dentro desas caveiras colocaban unha candea de sebo acesa…”.

Comuñóns (comuniones)

As Comuñóns son para celebrar e sempre lembrar.

Imos festexar a túa comunión.

Coa familia, cos amig@s e compañeir@s. Un gran día tan especial que sinala unha importante etapa nas nosas vidas convén gardalo na nosa memoria e para iso  ¿qué millor que festexalo con Barafunda e vivir unha experiencia única e entrañable? Aventúrate e divírtete, so se vive unha vez a primeira comuñón.

E non olvides contactar con nos para máis información e fai a tua reserva canto antes:

            986 22 12 18

            barafunda@barafundaanimacion.com

O millor aniversario, o teu…

Aniversarios (e cumpreanos)

Celebra o teu aniversario dun xeito especial e diferente, celebra un aniversario a tope con Barafunda e comparte ese momento extraordinario cos teus amig@s, os de sempre e os nov@s… con espectáculos divertidos: de maxia, clown (pallasos), obradorios, xogos populares, decoración con globos, e ¿por qué non? tamén inchables.

Non olvides contactar con nos para máis información e reserva canto antes, non esperes outro ano:

            986 22 12 18

            barafunda@barafundaanimacion.com