Coa auga non se xoga!…. ¿ou si?

Fai uns días estivemos cos nen@s do 4º curso do cole Otero Pedrayo nas instalacións de Aqualia con motivo do Día mundial do medioambiente. 

Pasámonolo xenial xogando a “Coa auga non se xoga” e superando as divertidísimas probas!! 


Ó redor dun taboleiro xigante cada equipo tratou de amosar os seus coñecementos medioambientais mentres Lolo quería botar unha man sendo o azafato da presentadora. Pero, como podedes ver nos seguintes vídeos, máis que axudar estaba a enredar todo o tempo!!


Podedes ver outro vídeo facendo click  aquí  (a partir do minuto 6:30).


Dende Barafunda vos animamos a todos a facer un consumo responsable dos nosos recursos 🙂



Curso monitores de tempo libre 2012

Como sabedes, Barafunda colaboramos coa Escola de Tempo Libre Fervenza. Se queres aprender globoflexia, danzas e cancións, obradoiros, grandes xogos… e todo o necesario para ser un/ha gran monitor/a de tempo libre, podedes apuntarvos ó curso de monitores deste verán, co que se obtén a titulación oficial da Xunta.



Para máis info chamar ó 606 321 636 ou escribide a fervenza@arrakis.es.


Deixamos unhas fotos do curso pasado para que vexades que ben nolo pasamos 😉

Para máis fotos click AQUÍ

Vémonos no curso!!! 🙂






Vídeo Maxia Branca

Xa vos podemos amosar o vídeo do espectáculo Maxia Branca!! Onde o mago Xabi, o pallaso Lolo e a coella Blanca Houdini fan as decilias dos máis pequenos e sorprenden ós máis grandes. 
Se tras ver o vídeo quedas con ganas de saber máis das andanzas de Lolo e Xabi… segue o  noso Facebook para estar ó tanto das próximas actuacións!!  

Dende aquí aproveitamos para dar as gracias unha vez máis a todo o equipo que fixo posible esta reportaxe 🙂





Presentación “Xan das Ondas”

Este domingo presentamos o novo contacontos “Xan das Ondas”!!!

Nesta ocasión coñeceremos a Xan, un rapaz ó que lle gusta moito o mar. Unha mañá descubre que non ten ondas e parece que está moi enfermo, así que emprende unha gran aventura adentrándose no máis profundo dos océanos para descubrir por que o mar non ten ondas. Nesta viaxe Xan fará moitos amigos e coñecerá ós habitantes dos mares. ¿Conseguirá Xan salvar ó mar da súa doenza?
Se queres saber se o logra, ¡non podes faltar!
¿Cando? O domingo 22 ás 18:00 h. (apertura de portas ás 17:45h. ata completar o aforo: 120 persoas)
¿Onde? No Museo Verbum (Avda. de Samil, 17. Vigo)
¿Para quen? Para público familiar. Haberá intérprete de lingua de signos.
¿Por canto? De balde

Barafunda Recors!!!

         Si, si, como o ledes!! Barafunda, no seu compromiso coa cultura galega, crea o seu propio selo discográfico “Barafunda Recors”
Este proxecto xorde para satisfacer a demanda dun respaldo legal para os grupos musicais emerxentes. Na procura de crear proxectos integrais creamos este selo discográfico, que xunto á editorial e ó departamento de animación, supoñen unha forte aposta pola cultura galega.
O noso primeiro fichaxe é o grupo vigués Inerttes, unha banda que agardamos logre novos éxitos. E así o recolle hoxe mesmo o Faro de Vigo:
Así que xa o sabedes, esta noite ás 23:00h. estaremos na Sala Playmovil (Vigo) presentando o noso novo proxecto. Vémonos alí!!! 
E por último lembrade que xa temos páxina de facebook. Agregádenos para estar ó tanto de tódalas novas aquí  🙂

OnArt2012

       Barafunda estivemos en OnArt 2012, a Convención Española de Artistas do globo, en Vilaseca (Tarragona)  os días 23, 24 e 25 de marzo. 

Nesta convención presentáronse novos e sorprendentes deseños con globos e impartíronse numerosas clases prácticas ofrecidas por algúns dos instrutores profesionais máis dinámicos da actualidade mundial.
Cabe destacar as clases mestras de Hyun-gu Park (Corea), Colin Myles (Escocia), Antonio Becarés (España), Pascal Grooten (Bélxica), Laura Sánchez (España), Jose María Álvarez (España) e Cristina Cano (España).
Competicións de centros de mesa e figuras de globoflexia, sala de prácticas, zona de globoflexia, cena de gala,…tamén formaron parte desta convención.
Para máis foto clik aquí
       Puidemos gozar duns días inesquecibles e moi produtivos onde aprendemos e intercambiamos moita información sobre o máxico mundo dos globos. Participaron empresas e profesionais de toda España e Portugal, có obxectivo de mellorar a nosa formación na construción con globos, e creamos fortes lazos de amistade por toda a península e as illas.
          Dende Barafunda queremos agradecer e felicitar ós organizadores do evento, Globofiesta Party S.L., polo seu esforzo para que a convención deste ano fora un rotundo éxito.

Xa as temos!!

Por fin vos podemos amosar as imaxes das cabalgatas de reis nas que Barafunda participou!! 
O día 5 poidechedes vernos como ven sendo tradición na cabalgata de Vigo. Pero ademais este ano, por primeira vez, as nosas creacións con globos percorreron as rúas de Nigrán e Ourense. 
Ademais, tamén vos amosamos os obradoiros infantís que fixemos na lonxa do Concello de Vigo.
Como unha imaxe vale máis que mil palabras,  velaquí un montón de imaxes!!! 

Quiquiriquí!!!

Este nadal, a concellería de Normalización Lingüística de Vigo xunto con Barafunda, presentamos a actividade “O quiquiriquí”.
Nace a partir do DVD/CD que se amosa maís abaixo, onde a Asociacion de Gaiteiros Galegos e mailos estudos Casa de Tolos asócianse para facer este documento audiovisual onde se reflexan os diferentes aspectos culturais, tradicionais e antropolóxicos do Nadal en Galicia.

A actividade está enfocada para o público infantil e nela proxectarase o dvd do “Quiquiriquí” onde a través de distintas persoaxes faise un percorrido polas principais tradicións destas datas: as panxoliñas, os aguinaldos, o tizón, as pedras do sal…

Despois, continuarase coa animación a través de xogos e cancións, onde @s nen@s gozarán deixándose levar pola música.

Agardámovos os días:

  • venres 23 de decembro ás 12:00h., na Biblioteca Central (Joaquín Yáñez, 6)
  • sábado 24 de decembro ás 11:00h., no Centro Cultural de Valadares (Estrada Xeral de Valadares, 261)
  • martes 27 de decembro ás 11:00h, na Ludoteca Coia (Pavillón deportes de Coia, avda. Castelao, s/n)
  • mércores 28 de decembro ás 18:00h, na Biblioteca Neira Vilas (avda. Martínez Garrido, 21)
  • xoves 29 de decembro ás 11:00h, Centro Cívico de Teis (camiños Maceiras, 2)
  • venres 30 de decembro ás 11:00h, Centro Cívico de Coruxo (avda. Ricardo Mella, 296)
Vémonos!!!