DÍA 4. EXCURSIÓN CABÁRCENO

Boas noites familias!!

Hoxe tivemos un día completiño de animais. Despertámonos máis tarde do habitual para durmir un pouquiño máis e estar a tope no día do…. PARQUE DA NATUREZA DE CABÁRCENO!!

Coma sempre, Paco recolleunos no albergue ao rematar o almorzo e facer a mochila. En 3 minutiños xa estabamos no Parque gozando dos gorilas. A verdade tivemos moita sorte co equipo de monitores de Cabárceno porque nos deron moitísima información sobre os animais que viven alí e nos contaron moitísimas anécdotas de animais, do Parque e da xente que visita Cabárceno.

Pola mañá estivemos no espectáculo dos leóns mariños, e pola tarde fomos ó de aves rapaces.  Pasámolo súper ben e sacamos un montón de fotos que xa vos ensinaremos ao chegar a casa. Ademáis tamén subimos no telecabina e gozamos das vistas que hai dende alí arriba ata a zona dos elefantes, leóns, búfalos…

Xa na noite, o equipo de monitores preparou unha velada un pouco especial… Trouxéronnos algunhas chuminadas, e un recordo que tivemos que decorar (xa o veredes prontiño).

Mañá espertarémonos tempraniño e comezaremos a nosa volta a casa… oooooohhh!!

Boas noites!!

DÍA 3. EXCURSIÓN CABÁRCENO

Boas noites familias!!

Hoxe estamos mooooi derreadxs. A verdade é que non paramos en todo o día: bus, visitas, bus, compras, bus, teleférico… pero todo mereceu a pena porque coñecimos un montonazo de cousas e vivimos experiencias novas.

Primeiro subimos ao bus co noso benquerido condutor Paco. Unha vez chegamos ás covas do Soplao, fixemos dous grupos: rapazada que lle gustan as matemáticas nun grupo e rapazada que prefire a lingua noutro. Non puidemos sacar fotos dentro da cova, sentímolo moito pero estaba prohibido.

Despois fumos ata Fuente De, alí tomamos o picnic que nos prepararon no albergue. Cando rematamos montamos no teleférico e non berramos de medo case nada… (jajajajaja). Logo estivemos dando un paseo e relaxadxs no alto da montaña, onde chegamos tan alto que ata vimos neve.

De Fuente De ata Potes onde tivemos un tempiño libre e mercamos algúns agasallos. Collemos por última vez o bus e despois de dúas horas e algunha que outra sesta no bus, chegamos ao albergue.

Agora toca dormir para coller moitisisisisisisisíma forza para mañá visitar….CABÁRCENO!!!!

Un saúdo familia!! Vémonos pronto!!

Lembrade que podedes seguirnos tamén aquí:

https://www.instagram.com/barafundaanimacion/?hl=es

https://www.facebook.com/barafundavigo

 

DÍA 2. EXCURSIÓN CABÁRCENO

Boas familia!! Rematado o segundo día da excursión. Hoxe espertáronnos moi cedo (8:00 am) para aproveitar ben o día.

Comezamos cunha visita ao museo de Altamira, aprendendo un montón de cousas sobre cómo vivían nesta zona fai miles de anos. Ao saír visitamos a vila de Santillana del Mar, a vila das tres mentiras: “ni santa, ni llana ni tiene mar”. Alí coñecimos o rueiro do pobo e gozamos do noso primeiro tempo libre, no cal aproveitamos para mercar os primeiros agasallos…

De volta no albergue, comimos en dous grupos mentres tiñamos a primeira ronda de chamadas… Grazas as nosas monitoras por correr detrás de nós cando soaba o teléfono.

E por fin… chegou o gran momento do día… FORESTAL PARK!!! Cumpriu todas as nosas expectativas, incluso as mellorou. Comezamos cun pouquechiño de medo pero rematamos sendo expertxs da liña de vida, “C” e a polea. Deixamos moitísimas fotos no Facebook!! As nosas fotógrafas que non lles apetecía probar.

Para rematar o día escribimos os tres desexos de San Xoan e xogamos no albergue antes de meternos na cama. Un día mooooi proveitoso.

BOAS NOITES!! Mañá voltaremos con máis enerxía.

DIA 1. EXCURSIÓN CABÁRCENO

Boas noites familias!!
Pois si, xa rematou o primeiro día da excursión.
Foi un día moooi loooongo no bus: primeiro unha paradiña na Praia das Catedrais para comer (con distancia de seguridade claro) e comprar un xeado. Despois, outro ratiño no bus facendo algúns xogos e cantando para facer unha parada en Ribadesella. E xa na última parte do traxecto, repartiron as sudaderas a cambio de chistes.
Finalmente chegamos ao albergue, onde os monitores Borja e Vanesa recibíronnos con moito xel hidroalcóholico.
Maletas, habitacións, duchas e tocou a primeira cea na que tivemos que facer dous grupos por seguridade. Xa na noite, chegou a velada na que xogamos moitísimo.

Agora toca descansar para rendir mañá en Santillana del Mar e Forestal Park.
Non nos botedes de menos.

37 apertas.